Lugo, 27 de decembro de 2017.- Catro días despois da elección da nova Executiva Provincial do PSOE de Lugo, as 36 mulleres e homes socialistas que a integran mantiveron a súa primeira reunión de traballo, na que fixaron o calendario de celebración das asembleas de renovación das executivas locais e estableceron que nestas sesións tamén se elixan os membros dos pioneiros grupos de traballo comarcais e os delegados ao Comité Provincial para a súa inmediata constitución ou convocatoria. Tamén determinaron os primeiros martes de cada mes como data de celebración das súas reunións ordinarias de traballo.
Entre o 15 e o 31 de xaneiro terán lugar as asembleas de renovación das executivas locais. Nestas convocatorias, os socialistas elixirán aos secretarios xerais, de organización ou de política municipal, entre outros representantes, das súas correspondentes agrupacións nos Concellos.
Tamén elixirán aos compañeiros que formarán parte dos 7 grupos de traballo comarcais (1 grupo por cada comarca lucense: Lugo, A Montaña, A Mariña, Suroeste, Lemos, Sarria e Terra Chá), cos que se busca incrementar a pluralidade e a participación do conxunto da militancia na actividade, axenda ou nos obxectivos do partido socialista na provincia de Lugo en representación, defensa ou resposta ás necesidades dos lucenses.
Os grupos comarcais de traballo estarán integrados por 1 militante de cada unha das agrupacións municipais socialistas, polos secretarios xerais das correspondentes executivas locais, polos Alcaldes ou voceiros do PSOE nos respectivos Concellos e polo Secretario de Coordinación coa Comarca. Estes, que forman parte da recen elixida Executiva Provincial Socialista de Lugo, son:
– Secretaria de Coordinación coa Comarca de Lugo, Silvia Rodríguez Díaz (Concelleira e voceira socialista en Portomarín); Secretario de Coordinación coa Comarca da Montaña, Alfredo Guiu Valle (Concelleiro e voceiro socialista nas Nogais); Secretaria de Coordinación coa Comarca da Mariña, Rocío López García (Alcaldesa de Lourenzá); Secretario de Coordinación coa Comarca do Suroeste, Rafael García Figueiras, (presidente da xestora socialista de Monterroso); Secretario de Coordinación coa Comarca de Lemos, Pedro Rodríguez Palacio (Concelleiro e voceiro na agrupación local en Pantón); Secretario de Coordinación coa Comarca de Sarria, Pablo Rivera Capón (tenente de alcalde de Láncara e Deputado Provincial pola Comarca de Sarria); e Secretaría de Coordinación coa Comarca da Terra Chá, Marina Ramudo Graña (Concelleira de Asuntos Sociais e Benestar de Pol).
Tras a celebración destas asembleas e, polo tanto, unha vez elixidos ao conxunto de compañeiros para cada órgano; a Executiva acordou convocar en febreiro a reunión do Comité Provincial e da constitución dos 7 grupos de traballo comarcais.
Outro dos acordos desta primeira reunión foi fixar os primeiros martes de cada mes como data de celebración das reunións ordinarias de traballo da Executiva Provincial do PSOE de Lugo.
Executiva
A recen elixida Executiva Provincial do PSOE de Lugo é paritaria e conta con moito peso feminino, pois os órganos máis representativos están ocupados por mulleres. É totalmente plural e representativa do conxunto do territorio lugués, así como de todos os ámbitos de participación na vida política do partido socialista (hai alcaldes, concelleiros, voceiros, deputados, militantes…).Ten un marcado acento profesional, posto que as persoas que ocupan secretarias sectoriais contan con relación directa co ámbito no que ostenta responsabilidades.
– Secretaría Xeral (o 1º na provincia elixido en primarias): Álvaro Santos Ramos.
– Membro nato: Darío Campos Conde, Presidente da Deputación de Lugo.
– Membro nato: Miguel González Montes, Presidente de Xuventudes Socialista na Provincia.
– Presidencia: Lara Méndez López, Alcaldesa de Lugo.
– Vicesecretaría Xeral de Goberno Local: José Tomé Roca, Alcalde de Monforte de Lemos.
– Vicesecretaría Xeral de Relacións Institucionais: María Loureiro García, Alcaldesa de Viveiro.
– Secretaría de Organización: María del Mar Iglesias García, secretaria de organización da agrupación local de Guitiriz.
– Secretaría de Acción Política: Sonsoles López Izquierdo, Deputada de Promoción Económica e Social, Emprego, Benestar e Igualdade no Goberno Provincial.
– Secretaría de Política Municipal: Argelio Fernández Queipo, Alcalde da Fonsagrada e Deputado de Cooperación cos Concellos no Goberno Provincial.
– Secretaría de Acción Electoral: Horario Rouco Ferro, Concelleiro, voceiro e secretario xeral da agrupación local de Palas de Rei.
– Secretaría de Medio Rural: Claudio Garrido Martínez, Veterinario oficial de Medio Rural e militante na agrupación de Sarria.
– Secretaría de Benestar: Isabel Rodríguez López, tenente de alcalde de Viveiro, Concelleira de Benestar Social e Licenciada en Medicina.
– Secretaría de Sanidade e Deportes: Miguel Fernández Méndez, Concelleiro de Deportes de Lugo, Diplomado en Enfermería e Máster en Coidados de Enfermería.
– Secretaría de Igualdade: Patricia Otero Rodríguez, Concelleira de Servizos Sociais de Burela, avogada laborista e militante na agrupación de Burela.
– Secretaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible: Edmundo Maseda Maseda, Alcalde do Valadouro e profesional do sector da agricultura ecolóxica.
– Secretaría de Emprego e Relacións Laborais: Ana Núñez Sanjurjo, sindicalista, Graduada Social e militante na agrupación de Lugo.
– Secretaría de Cultura: Primitivo Iglesias Sierra, Alcalde da Pastoriza e Catedrático de Ensino Medio.
– Secretaría de Promoción Económica: Margarita López Rodríguez, Graduada Social e militante na agrupación local de Monforte de Lemos.
– Secretaría de Educación: Miguel Vilar Rivas, profesor titular da USC e secretario xeral da agrupación local de Rábade.
– Secretaría de Formación: Gloria María Prada Rodríguez, tenente de alcalde de Monforte de Lemos, Concelleira de Facenda e Réxime Interior e Graduada Social.
– Secretaría de Programas e Análise: Óscar de la Parte Chana, politólogo, especialista en administración local e militante pola agrupación local de Lugo.
– Secretaría do Mar: Ana Aranzazu Incera Ares, Técnica Superior en Saúde Ambiental e militante na agrupación local de Foz.
– Secretaría de Promoción do Territorio e Turismo: Eduardo Vidal Baamonde, Deputado de Turismo no Goberno Provincial.
– Secretaría de Innovación Tecnolóxica: Mariluz Arcos Peixoto, Licenciada en Química Industrial e militante na agrupación local de Lugo.
– Secretaría de Cooperación Social: Javier Cerqueiro González, Licenciada en Ciencias Políticas, Técnico Superior en Cooperación Internacional e Desarrollo, Concelleiro e voceiro socialista no Corgo.
– Secretaría de Movemento Asociativo: Ana Canto Rodríguez, presidenta dos Valuros, directiva das Mulleres Rurais A Xuntaza, entre outros colectivos nos que ten representación, e militante na agrupación local de Castro de Rei.
– Secretaría do Militante: Natalia Marey Bermúdez, militante pola agrupación local de Lugo.
– Secretaría de Xubilados: María Dolores Vieiro Núñez, mestra xubilada e militante na agrupación local de Lugo.
– Secretaría de Transparencia: Eduardo Veiga Méndez, coordinador provincial de Izquierda Socialista e militante na agrupación local de Cervo.
– Secretaría Coordinación coa Comarca de Lugo: Silvia Rodríguez Díaz, Concelleira e voceira socialista en Portomarín.
– Secretaría Coordinación coa Comarca da Montaña: Alfredo Guiu Valle, Concelleiro e voceiro socialista nas Nogais.
– Secretaría Coordinación coa Comarca da Mariña: Rocío López García, Alcaldesa de Lourenzá.
– Secretaría Coordinación coa Comarca do Suroeste: Rafael García Figueiras, presidente da xestora socialista de Monterroso.
– Secretaría Coordinación coa Comarca de Lemos: Pedro Rodríguez Palacio, Concelleiro e voceiro na agrupación local en Pantón.
– Secretaría Coordinación coa Comarca de Sarria: Pablo Rivera Capón, tenente de alcalde de Láncara e Deputado Provincial pola Comarca de Sarria.
– Secretaría Coordinación coa Comarca da Terra Chá: Marina Ramudo Graña, Concelleira de Asuntos Sociais e Benestar de Pol.


















A Deputada de Muller e Igualdade, Marisol Morandeira, participou este sábado na inauguración, onde destacou o valor desta iniciativa que leva “máis de vinte anos unindo ás persoas arredor do coñecemento, da experiencia compartida e do orgullo polo rural”.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



