Ensinarán as caixas definitivas do produto e explicarán os obxectivos, funcionamento e características do paquete. Trátase dnha iniciativa que nace froito do traballo conxunto do Concello, de MariñActiva e de axentes locais (hostaleiros, artesáns…), que tamén participarán no acto. A presentación terá lugar este venres, día 15 de decembro, ás 11:00 horas, no Salón de Plenos da Casa do Concello de Mondoñedo.