Xove 18-12-17. No pasado mes de outubro foron aprobadas, un ano mais, as bases reguladoras da concesión de Bolsas e Axudas ao Estudo do Concello de Xove, rematando o prazo de presentación das solicitudes o día 14 de novembro do mesmo ano.
As modalidades das axudas, como ven sendo habitual, son as seguintes:
MODALIDADE 1.- Bolsas e axudas ao estudo universitario.
MODALIDADE 2.- Bolsas e axudas para ciclos formativos que cursen especialidades que non existan en Xove, San Cibrao, Viveiro ou Burela.
MODALIDADE 3.- Axudas para alumnos/as discapacitados/as físicos ou psíquicos que asistan a clases de educación especial ou a terapias de estimulación. MODALIDADE 4.- Axudas para compra de material escolar.
MODALIDADE 5.- Axudas para estudos de doutoramento.
MODALIDADE 6.- Axudas para máster.
O día 14 de decembro de 2017 celebrouse a sesión da Xunta de Goberno Local, logo da Xunta Municipal de Portavoces, na que se adoptou a aprobación da concesión dun total de 96 axudas das 114 solicitudes presentadas. As axudas concedidas, foron:
– 16 para estudos universitarios: 16.080,42 €. (modalidade 1)
– 5 para ciclos formativos que non existen na comarca: 2.334,16 €. (modalidade 2).
– 9 para alumnos/as con discapacidade: 6.750 €. (modalidade 3).
– 63 para compra de material escolar: 5.605,12 €. (modalidade 4).
– 3 para máster: 1.500 €. (modalidade 6).
O total das axudas para este curso 17/18 é de 32.269,70 €.
Dende a Concellería de Servizos Sociais quérese destacar o esforzo orzamental que o Concello fai cada ano co fin de potenciar a educación no noso Concello, nunha aposta clara polo futuro dos nosos xoves; recordamos que estas axudas abranguen a tódolos estractos educativos, dende os estudios infantís ata os estudios universitarios, doutoramentos e masters.