Ribadeo 26-12-17. Convidado polo club de lectura da Agrupación Cultural “Francisco Lanza”, o autor alfocés falará de A raíña das velutinas; a novela publicada por Xerais en outubro deste ano, e pola que obtivo o Premio Lueiro Rey de Novela.
A narración parte dun encontro real, acontecido nunha casa de turismo rural de Mondoñedo no verán de 2016.
Lionel Rexes participou nunha xornada cun dos últimos guerrilleiros republicanos vivos, e a partires desa experiencia, comezou a redactar unha narración en forma de novela que presentou ao certame literario que o Concello do Grove convoca desde hai vintre e tres anos.
O mes pasado, A raíña das velutinas foi presentada no Grove, unha semana despois deuse a coñecer na Casa da Penela, de Mondoñedo (a casa de turismo onde naceu a novela), e recentemente celebráronse actos de presentación en Ferreira do Valadouro e Lugo.
A presentación de Ribadeo será a primeira en que o autor é convocado por un club de lectura, este colectivo escolleu A raíña das velutinas como libro de lectura común hai unhas semanas.
