Meira 26-12-17. O vindeiro 30 de decembro a Casa da Cultura de Meira acollerá o festival de curtas M de Cine, que cumpre este ano a súa oitava edición.
O evento, organizado por Gaitafilmes, está adicado á memoria de Xose Salgado (Xose da Flor), falecido o pasado mes de novembro e que foi un dos impulsores deste festival, ó igual que doutras moitas actividades culturais, como presidente da Asociación Cultural Eme de Meira. O M de Cine forma parte dun amplo programa de actividades que coordina esta asociación, e conta coa colaboración, ademais de Eme de Meira, do Concello de Meira, a Deputación de Lugo e Microefectos Dramatúrxicos.
A xornada arrincará ás 18:30 coa peza de teatro ‘Magic Man’ de Microefectos Dramatúrxicos, en homenaxe a Xose da Flor. O programa continuará coa proxección de cinco curtametraxes galegas: Matria, Einstein-Rosen, Cat in the Window, Escarabana e Amanece Despejado. Entregarase o ‘Premio Xose da Flor’ á curta gañadora, que será elexida coa votación do público asistente.
Como vén sendo habitual en todas as edicións do M de Cine, o humor será outro dos protagonistas na xornada. O evento será conducido por dúas divertidas nubes e non faltará o mítico “test meirego” con preguntas aos veciños e veciñas da vila.
A xornada rematará coa proxección da longametraxe Dhogs. Haberá dous pases, un ás 21:30 e unha sesión golfa ás 23:30. Xa non quedan entradas para a primeira das sesións, pero poden recollerse para a segunda de forma gratuíta nos bares Centro, Tibor e Pedreira, ademais da Casa da Cultura de Meira. Na presentación ademais dos membros de Gaitafilmes (Andrés Goteira, Suso López, Adrián Folgueira e Laura Doval) estarán os actores Antonio Durán ‘Morris’, Miguel de Lira, María Costas, Melania Cruz e Xosé López.






















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



