Viveiro 20-12-17. Este xoves 21 de decembro de 2017 no THALASSO CANTÁBRICO LAS SIRENAS terá lugar o I Encontro Profesional do Sector Turístico celebrado polo Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) A Mariña-Ortegal.
O evento dará comezo ás 16:30h e contará coa presenza de personalidades do sector turístico como Cesáreo González Pardal, o secretario do Clúster de Turismo de Galicia que alentará sobre a importancia da profesionalización do sector e a creación de sinerxias para o desenvolvemento local.
Neste I Workshop A Mariña-Ortegal, as empresas participarán en numerosas e reunións coa fin de crear relacións que impulsen a competitividade das empresas turísticas e en xeral todo o sector empresarial do territorio. Neste formato de encontro, cada entidade poderá elixir os seus intereses e programarase unha axenda personalizada seguindo as directrices e desexos de cada unha delas. Atoparan máis información e o formulario de inscrición na páxina web: www.workshopturismo.es.
Os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro son grupos de entidades sen ánimo de lucro de carácter supra municipal de cooperación e compromiso. Este grupo está formado por distintos axentes tanto públicos como privados dos concellos de concellos de Barreiros, Burela, Cariño, Cedeira, Cervo, Foz, Mañón, Ortigueira, Ribadeo, Valdoviño, O Vicedo, Viveiro e Xove relacionados co mundo pesqueiro.
