Burela 4-1-18. A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo presentou este xoves 4 de xaneiro no porto de Burela os equipos TEDEPAD para o tratamento e inactivación das vísceras no peixe, adquiridos dentro dun “proxecto piloto de tratamento de vísceras para a prevención de parásitos no peixe” e que xa están operativos para salir ao mar nos vindeiros días.
A presentación tivo lugar nas instalacións da OPP Lugo, ubicadas no Porto de Burela, e contou coa presenza da Directora Xeral de Pesca da Xunta de Galicia, Mercedes Rodríguez, representantes da OPP de Lugo, de ABSA e os directores da empresa Marexi, Iñaki Miniño e Joaquín Gracia.
Tamén se visitou o buque “Raúl Primero” para comprobar in situ a instalación do equipo, que, xunto ao “Nuevo Ebenezer”, son os dous primeros participantes neste proxecto e contarán cun módulo rexistrador de datos para o seu estudo e análise durante o ano 2018 e para a posta a disposición do resto de socios. O obxectivo principal deste equipamento é a inactivación ou inertización dos residuos
orgánicos xerados a bordo e contribuir á reducción na presenza de parásitos en especies de interese comercial cun doble obxectivo: mellorar a seguridade alimentaria e reducir o impacto no medio mariño. O equipo TEDEPAD é o único patentado na UE para o tratamento das vísceras xeradas ao procesar o peixe a bordo exterminando completamente os parásitos.
O xerente de OPP Lugo, Sergio López, valorou as melloras na limpeza a bordo nos últimos tempos, pero considera necesaria a adquisición desta tecnoloxía, coa que se consegue unha correcta xestión das vísceras. Nos vindeiros meses iranse analizando os datos de tratamento e está previsto que outros buques de distintas características (dimensións e zonas de pesca) se sumen ao proxecto piloto para completar a mellora de datos. Tamén está previsto crear un código ou protocolo de actuación para dar
uniformidade ao tratamento a bordo.





















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



