Ribadeo, 12 de xaneiro de 2018. A viñoteca ultramarinos Fumarel, de Ribadeo, inaugurou os seus xoves de tapeo, que ofrecerá todas as semanas ata o 28 de xuño. Cada día terán cando menos tres tapas o mini racións para elexir a un prezo de 2 euros cada unha. Concretamente este xoves houbo catro variedades: tortilla campesina, carrilleiras de porco ibérico con patacas, tosta de anchoas e boqueróns así como ovo fretido con setas e xamón.
O propietario do Fumarel, Gervasio Cao, explicou que “despois destes dous anos e medio de experiencia do Fumarel comprobamos que o chateo nesta casa é algo que está moi de moda; creo que nos estamos convertendo nun local moito de quedada. Entón analizado este escenario e como habitualmente ofrecemos dúas ou tres tapas de cociña, que é algo moi valorado polos clientes, decidimos dar un paso máis e os xoves ofrecer un premio en forma de tapas, que realmente son case mini racións, por un módico prezo de 2 euros. Cada xoves teremos tres alternativas como mínimo para premiar a esa ampla clientela de tapeo que temos todos os días e sobre todo os fins semana”.























O acto celebrarase este venres 4 de setembro ás 20:30 horas na sala de exposicións. Servirase un viño e un pequeno petisco. A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.



