Quizaves vostedes descoñezan que unha parte dos habitantes deste norte nordesio somos descentes de escocesers, Ingleses, gGaleses e como no meu caso os Regal de Irlanda.
Resumindo, cando as guerras das relixions, eu dixen fai unos días en Barcelona, que según o meu humilde entender o peor da humanidade, xenerador de guerras e miserias son os nacionalismos mal entendidos e as relixions monoteístas. Pois por esas datas chegaron católicos refuxiados a estas terras do norte, e o obispado deulles terreos e casas nas suas propiedades nos cotos situados entre Navia e Ferrol, ahora lles axudara a entender tanto rubio e colorado de veciño, caso aparte son os de Cervo donde os e as rubias devense mais a aqueles encargados e técnicos que trouxo dos países baixos o ibañez e que axudaron a proliferar a raza na zoa mediante os seus escarceos amorosos e sexuais.
En resumidas contas, amigos lectores, somos moitos de nos fillos da Gran Bretaña, gustenos ou non, e se o queren ver en vivo e en directo vaian a o Museo da Catedral de Mondoñedo e vexan o arte que trouxeron esta xente, varios exemplos de gotico ingles en madeira e alabastro. Incluso un antergo altar maior da catedral tiña alabastros goticos ingleses.
Os fillos da Gran Bretaña queiman os barcos e quédanse a vivir no seu islote mental. Ao naufraxio non se levan ningún libro. Bástalles co seu atávico complexo de superioridade e cunhos politicos aos que se lle quedou cara de pasmo ea arandela dunha granada de fragmentación enganchada no dedo. Xa o dicían no meu pobo: non se pode xogar coas cousas de comer.
Mentres tanto no Estado Español os nosos políticos, maestros do “non sei que” sacan conclusións do brexit, aínda non sei si se lle chamuscarán as mans ou si en realidade chéiranlles a sardiña: Isto é culpa dos radicais. Radicais en Austria, radicais en Italia, radicais en España. Moitos radicais. Moooooooitos populistas, di un ministro do partido popular, ¡que sarcasmo!, que aínda non se deron conta de que as desafeccions con Europa da xente de dereitas prodúcense por racismo e prepotencia, mentres que as da esquerda son maiormente por desesperación. E o peor de todo e que a arandela segue virando.
