Burela 9-1-18. A Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Lugo vén de elevar un requirimento á Xerencia do Hospital da Costa, instanto á CORRECCIÓN INMEDIATA das deficiencias detectadas no Servizo de Anatomía Patolóxica e á adopción das medidas necesarias para garantir a seguridade das traballadoras e traballadores deste servizo. A Inspección dá razón así á CIG Saúde nas súas reivindicacións e pon en cuestións as afirmacións do SERGAS e a Xerencia, que de xeito teimudo negaron a existencia de calquera perigo para o persoal.
Desde CIG Saúde A Mariña advirten que “estaremos vixiantes de que a Xerencia do Hospital da Costa cumpra o requirimento da Inspección de Traballo para garantir a seguridade no traballo no Servizo de Anatomía Patolóxica”. Neste senso, reclaman que de maneira inmediata se adopten medidas como a instalación de extracción local, instalación dun lavaollos e acondicionamento da sala de autopsias para o almacenamento de mostras.
Denuncia presentada en abril
Cómpre lembrar que a CIG-Saúde da Mariña presentara en abril de 2017 denuncia na Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social de Lugo diante da situación que se está a dar no Servizo de Anatomía Patolóxica, debido á ausencia de medidas preventivas no almacenamento e condicións de uso de formaldehido (clasificado como canceríxeno e mutáxeno 1B).
Isto supoñía un incumprimento da normativa de prevención de riscos laborais e da protección da saúde e seguridade dos traballadores e traballadoras “relacionados cos axentes químicos durante o traballo”.
O delegado da CIG-Saúde, Xoán Bouza, explica que o formaldehido é amplamente utilizado na contorna hospitalaria como axente conservante e fixador de tecidos. O seu uso é tamén xeneralizado nos laboratorios de anatomía patolóxica, onde existe unha exposición importante por parte dos traballadores e traballadoras. Trátase dun composto que causa irritación das vías respiratorias superiores, asma e bronquite, mentres que por contacto pode causar eccemas alérxicos, ademais de efectos canceríxenos.
Así, engade, “estes feitos dan como resultado unha situación que, de non tratarse coas medidas adecuadas, pode xerar un problema serio de saúde ocupacional para o persoal empregado nos laboratorios de anatomía patolóxica”.
Dende CIG-Saúde da Mariña afirman que no Servizo de Anatomía Patolóxica do Hospital da Costa non existe ventilación xeral (obrigando a abrir fiestras e usar ventiladores portátiles), e no que respecta á existencia de extraccións localizadas na zona de manexo de formaldehido “soamente existe na sala de tallado, non hai ningún armario nin local específico para o almacenamento da substancia con extracción e a sala de autopsias non cumpre os requisitos para o seu fin a nivel material e de espazo, atopándose nunha situación insalubre”.
Fronte a isto, a CIG entendía que había que priorizar a seguridade no traballo, “cos mínimos de calidade esixíbel, e ante o desleixo desta Xerencia Executiva do Hospital da Costa e a resposta do SERGAS afirmando que se cumprían todas as medidas preventivas vímonos na obriga de interpoñer denuncia no organismo pertinente”.
Agora, coa resolución na man, dende a CIG Saúde agárdase que a Xerencia corrixa no menor tempo posíbel todas estas deficiencias.
Agardando que sexa do voso interese, un cordial saúdo.


















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



