Lugo, 2 de xaneiro de 2018. O Goberno da Deputación leva durante esta primeira semana do 2018 unha vintena de actividades gratuítas a 23 municipios da provincia con motivo do Nadal. Trátase da programación coa que o Executivo da Deputación busca dinamizar a vida cultural, especialmente no rural, durante a época do Nadal. Nesta variada axenda lúdica que ofrece o organismo ata o vindeiro 7 de xaneiro poderán participar máis de 2.000 persoas de todas as idades. Son, por exemplo, espectáculos de maxia, monicreques, música en directo, contacontos, teatro ou concertos.
Programación nos Concellos
2 de xaneiro de 2018
– Trasno en Begonte ás 12:30 horas na Casa da Cultura.
– Nono en Castro de Rei ás 18:00 horas na Casa da Cultura de Castro Ribeiras de Lea.
– Autoestopista Intergaláctico en Ribas de Sil ás 17:00 horas no Salón de actos.
– Teatro De Marionetas Trécola “Lolo E A Ratoa” en Baleira ás 18:00 horas no Salón de actos do Centro Sociocultural do Cádavo.
– Larraitz Urruzola “O Crebanoces” en Mondoñedo ás 20:00 Salón de actos da Casa da Xuventude.
3 de xaneiro de 2018
– Autoestopista Intergaláctico no Páramo ás 13:00 horas na Casa do Concello / Centro social.
– Lila Star no Vicedo ás 17:00 horas na Casa da Cultura.
– Mircromina Teatro De Títeres “Vacacións No Mar” en Cospeito ás 18:00 horas na Casa da Cultura da Feira do Monte.
– Teatro De Marionetas Trécola “Lolo E A Ratoa” na Pobra do Brollón ás 19:00 horas na Casa da Cultura Olga Novo.
– Mago Deimi “Apren-Deimi” en Palas de Rei ás 17:30 na Casa do Concello.
– Larraitz Urruzola “O Crebanoces” en Becerreá ás 18:00 horas na Casa da Cultura.
– Magín Blanco “Letras E Notas” no Saviñao ás 18:00 horas no Auditorio municipal.
– Os Ghazafelhos “Iriña Bailarina no Valadouro ás 12:00 horas no Salón de actos da Casa da Cultura.
– Luca Camerata en Ribadeo ás 20:00 horas no Auditorio municipal Hernán Laval.
4 de xaneiro de 2018
– Nono nas Nogais ás 17:00 horas no Centro Sociocultural.
– Cia. Traspediante “Baila Un Vestido Verde” en Foz ás 18:30 horas na Sala Bahía.
– Martín Camiña “A Maxia De Carlos Casares” en Meira ás 18:00 horas na Casa da Cultura.
– Mircromina Teatro De Títeres “Vacacións No Mar” en Carballedo ás 17:00 horas no Salón de actos do Concello.
– Teatro De Marionetas Trécola “Lolo E A Ratoa” en Muras ás 19:00 horas no Local Social.
– O Pozo Das Señoras en Samos ás 16:30 horas nas Vivendas Comunitarias.
– Os Ghazafelhos “Iriña Bailarina” en Portomarín ás 19:00 horas na Casa da Cultura.
– Tango En Xan3iro en Sarria ás 20:00 horas na Casa da Cultura.
7 de xaneiro de 2018
– Mamá Cabra “Estación Nadal” en Viveiro ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



