Ribadeo, 27 de febreiro de 2018. O alcalde, Fernando Suárez, fai unha chamada á participación na manifestación en defensa da sanidade pública que terá lugar este xoves, 1 de marzo, en Burela. O rexedor asegura que “existen motivos máis que dabondo para acudir a esta mobilización”.
Suárez Barcia manifestou que “queremos apoiar esta iniciativa da Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña para esta manifestación que se vai celebrar o vindeiro xoves, 1 de marzo, en Burela, a partires das oito da tarde, diante do Hospital da Costa”.
O alcalde fai un chamamento “para que os veciños e veciñas de Ribadeo acudan tamén como van facer veciños e veciñas de todos os concellos da Mariña, porque entendemos que existen motivos máis que dabondo para acudir a esta manifestación”.
O rexedor ribadense indicou entre eses motivos “o paulatino aumento nas derivacións cara a Lugo que se veñen dando desde hai varios anos, os datos sobre os tempos de agarda para consultas, para probas diagnósticas ou mesmo intervencións cirúrxicas que son absolutamente falseados, ata a percepción por parte da cidadanía da merma da calidade asistencial pola sobrecarga á que teñen sometidas ás plantillas, máis que insuficientes de profesionais”.
Fernando Suárez dixo que “desde o Concello de Ribadeo rexeitamos a modificación da Lei de Saúde, que elimina a area sanitaria da Mariña converténdonos en pacientes de Lugo, pero co único obxectivo de incrementar as derivacións da cidadanía de Ribadeo cara ás empresas sanitarias privadas de Lugo, e isto hai que dicilo así de claro”.
O alcalde engadiu: “facemos un chamamento á participación nesta manifestación que convoca esta plataforma, e confiamos en que sexamos moitos os que lle fagamos recapacitar ao goberno da Xunta de Galicia, ao goberno de Feijoo, para que poña freo a este deterioro sistemático da sanidade pública”.



















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



