Foz 26-02-2018. O PSdeG-PSOE de Foz asistirá á manifestación convocada pola “Plataforma na Defensa da Sanidade Pública da Mariña” o xoves día 1 ás 20´00h en Burela.
Dende o PSOE de Foz animamos ao conxunto da sociedade, veciños e veciñas, asociacións e formacións políticas a secundar esta manifestación en defensa da sanidade publica e para reiterar a esixencia da retirada da modificación da Lei de Saúde que vai impor o goberno popular da Xunta, por que na defensa da sanidade pública temos que estar todos a unha.
Os socialistas sairemos as rúas tantas veces como sexa necesario para esixir que nos traten coma cidadáns de primeira, cunha sanidade de calidade e de proximidade, dotada de recursos humanos e materiais tanto na atención primaria nos centros de saúde, como na especializada no hospital da Costa, algo que na actualidade deixa moito que desexar, pois día tras día estanse derivando enfermos a centros privados da capital coa conseguinte perda de servizos na comarca.
Operacións que antes se facían no hospital da costa agora se derivan sistematicamente a Lugo ou Coruña. A implantación de marcapasos e cambios de pila dos mesmos a Lugo, operación de xeonllos a Lugo, prematuros a Lugo, cataratas a Lugo as operación de fimose en nenos á Coruña etc… Con estas derivacións ben ao HULA ben a clínicas privadas o principio básico de unha sanidade de proximidade na nosa comarca salta polos aires.
E se isto pasa na atención especializada o que pasa na atención primaria non é menos grave, poñendo como exemplo o centro de Saúde de Foz, o mais próximo a nós- explican os socialistas- podemos comprobar que non se cobren as baixas de facultativos nin de persoal sanitario, como hai esperas de días para ser atendidos polo medico de cabeceira, como se perdeu o servizo de urxencias de pola tarde, como a consulta de pediatría esta baixo mínimos por non cubrirse a redución de xornada que ten a pediatra tendo que ser derivados os nenos e nenas ben aos médicos de familia ou ao hospital, servizo dende o que incluso se están recollendo sinaturas para denunciar as carencias da pediatría a todos os niveis. Con estas carencias o principio básico de calidade, tamén salta polos aires ao igual que o de proximidade.
E diante deste panorama, onde esta o alcalde de Foz- preguntámonos dende o PSOE- ao lado dos seus veciños que padecen os recortes sanitarios, que se teñen que trasladar a mais de 100 Km das súas casas para recibir unha atención que poderían recibir no seu hospital, dende logo que non. O Sr Castiñeira é igual de responsable do desmantelamento que esta sufrindo a sanidade publica que o seu impulsor o Sr Feijóo, esta ó lado dos que votaron pola supresión da area sanitaria da mariña e están facendo da nosa saúde un nicho de negocio para as empresas privadas. De todas formas o Sr Castiñeira pode demostrar que nos equivocamos dicindo isto, teno fácil, que acompañe aos centos de veciños do noso pobo, e milleiros da comarca da Mariña que con toda seguridade va asistir a manifestación do día 1. Dende o PSOE de Foz emprazámolo a que o faga, que se deixe de desculpas como cando se perderon as urxencias pola tarde e el dicía que solo era unha fidelización da praza de facultativo pero que se seguirían atendendo igual as urxencias en horario de tarde e a día de hoxe todos sabemos que non é certo que si se necesita atención urxente hai que ir ao PAC de Burela, ou en que se esta ampliando o hospital, cando de todos é sabido que se amplían metros cadrados pero non servizos nin persoal. O día 1 quedará moi claro si defende a Sanidade Pública por riba de intereses partidistas poñéndose do lado dos seus veciños ou non- rematan dende o PSOE de Foz.