O Vicedo, 30 de xuño de 2025. A agrupación local do PSdeG-PSOE do Vicedo celebrou o sábado 28 de xuño a súa asemblea para renovar os órganos de dirección. A nova executiva, aprobada por unanimidade, está composta por un equipo plural, con experiencia e renovación, disposto a traballar pola mellora do municipio e o benestar da súa veciñanza.
Á fronte da dirección local estará Silvia Pigueiras, elixida como Secretaria Xeral, quen declarou que “Asumo esta responsabilidade con ilusión e compromiso. O noso obxectivo é construír un PSdeG-PSOE próximo á xente, que escoite e defenda os intereses de cada parroquia, porque cada recuncho conta e O Vicedo somos todas e todos”.
Entre os nomes destacados da nova executiva atópase Lucía Prieto, nova Secretaria de Organización, quen exercerá como persoa de máxima confianza da Secretaría Xeral.
A nova executiva queda composta do seguinte xeito:
Secretaria Xeral: Silvia Pigueiras
Presidente de Honra: Luis Lozano Pedreira
Secretaria de Organización: Lucía Prieto
Secretario de Política Municipal: Vicente Parapar
Vicesecretario Xeral e Secretario de Acción Electoral: Juan Carlos González Trasancos
Secretario Adxunto á Secretaría Xeral e Secretario de Participación e Militancia: José Ramón García Varela
Secretaria Adxunta á Secretaría de Organización e Secretaria de Turismo e Comercio: María José Rego Vale
Secretaria de Administración: Maribel Rodríguez Gásquez
Secretaria de Servizos Sociais, Muller e Igualdade: Berta Serantes
Secretaria de Xubilados e Pensionistas: Ana María Díaz Cao
Secretario de Emprego e Formación: Domingo Mateo Almagro
O nomeamento de Luis Lozano Pedreira como Presidente de Honra supón un recoñecemento unánime da agrupación á súa longa e valiosa traxectoria de servizo público e compromiso co socialismo e co pobo do Vicedo.
Ademais, durante a mesma asemblea foi elixido José Ramón García Varela como delegado para o Comité Provincial do PSdeG-PSOE, en representación da agrupación local.
O PSdeG-PSOE do Vicedo afronta esta nova etapa con ilusión e responsabilidade, cun equipo preparado para traballar desde a escoita activa, a proximidade e os valores da igualdade, da xustiza social e do progreso compartido.






















Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



