Ribadeo, 5 de marzo de 2018. A Concellería de Turismo ven de presentar o programa TUR-conéctate. Ribadeo, destino turístico de calidade que ten como obxectivo contribuír á mellora da capacidade profesional do sector hostaleiro e da restauración. En marzo e abril desenvolveranse sesións formativas no centro CFEA Pedro Murias, que serán impartidas por profesores da Escola de Hostalería de Foz e por profesionais especializados. Tamén haberá roteiros guiados polo monumento natural praia das Catedrais e polo patrimonio civil e relixioso da vila, así como nocións de márketing dixital.
A concelleira de Turismo, Ana Martínez, anunciou que “iniciamos este semestre cunha serie de cursos destinados a persoal base dos establecementos de hostalería, xerentes, encargados, propietarios de negocios ou calquera outra persoa que estea interesada en formarse profesionalmente neste eido. Os cursos son sobre servizo en sala e outro sobre unhas ideas para unha cociña en miniatura, tipo tapeo, e tamén, e creo que é moi importante, o tema do márketing dixital que hoxe en día é fundamental no noso negocio ver como nos podemos posicionar nese mundo on line, e tamén ver qué ten a competencia que directamente nos pode influír na rendabilidade do noso negocio”.
A edil subliñou que “ademais dos cursos estamos a traballar nunha serie de roteiros interpretados polo monumento natural da praia das Catedrais, e que ten como obxectivo dar a coñecer este tramo de costa do concello, non soamente o tramo da praia senón o que é o litoral en principio ata Rinlo, pero que se pode prolongar ata o faro de illa Pancha. A través destas técnicas o que buscamos é comunicar, estimular e espertar esa curiosidade do visitante, non soamente como xa digo noutras ocasións, vir a sacar a foto e marcharse, senón que ese viaxeiro que chega a Ribadeo, ao mellor co coñecemento exclusivo da praia das Catedrais, poida descubrir realmente que aquí hai un mundo moitísimo máis amplo, que o noso cantil non se queda exclusivamente na praia, que hai que coñecelo, e tamén hai que visitar o interior do concello ademais da propia vila”.
Os roteiros destinados aos profesionais hostaleiros e da restauración serán os días 21 de marzo e 23 de abril ás cinco da tarde. O primeiro será polo patrimonio civil e relixioso da vila e o segundo polo monumento natural praia das Catedrais.
Ademais Ana Martínez explicou que “nos roteiros imos buscar mostrar aspectos históricos, culturais, etnográficos, xeográficos, incluso mitolóxicos relacionados cos lugares polos que van ir discorrendo. Están pensados para todo tipo de público, e transcorrerán desde a propia praia das Catedrais, desde o monumento natural de Augas Santas, ata Rinlo. Son aproximadamente uns 9 quilómetros e, coido que para moita xente vai ser interesante, levaranse a cabo todos os sábados dos meses de maio e de xuño. Tamén poderemos contar con estes roteiros o xoves, venres e sábado de Semana Santa”.
A concelleira de Turismo, Comercio e Desenvolvemento Local en Ribadeo contou que “dentro desta singular situación de que en ocasións moita xente ven exclusivamente para coñecer a praia e que os nosos hostaleiros e comerciantes poidan informalo, imos ter tamén un día formativo para os empresarios e as empresarias de Ribadeo que queiran coñecer realmente dun xeito amplo e en todos os aspectos o noso litoral, ao mellor máis centrado no monumento natural. Queremos aproveitar a dispoñibilidade en ocasións que nos poida ofertar Feve. Queremos apostar porque Feve si que debe estar aí nesa distancia, desa proximidade que supón turisticamente tamén aproveitar o ferrocarril para chegar á praia das Catedrais”.
Ana Martínez declarou que “outro dos obxectivos que se pretende acadar este ano 2018, co fin de seguir a ser un referente turístico, é a posta en valor do corazón do municipio, o interior. Un espazo para quen non o coñeza fermoso que ata o que agora temos disposto estaba dun xeito discretamente silenciado. Creo que convén abrir os ollos dos nosos visitantes porque realmente poden atopar espazos ben fermosos como poden ser o Pozo de Lexoso ou a Ponte de Pena Tallada, entre outros moitos que se poden descubrir no interior de Ribadeo. Vense traballando con diversas actuacións como é o caso na Ponte de Arante, esa declaración de Festa de Interese Turístico que se solicitou fai un tempo. O proxecto foi elaborado conxuntamente polos veciños e veciñas, o párroco e os representantes de todos os grupos municipais que se coordinaron dende esta Concellaría. Creo que é un traballo importante, feito dun xeito global, en grupo, e ao que lle queremos engadir este ano un novo itinerario circular que denominamos O Camiño do Encanto, porque percorrer ese espazo eu creo que a xente vai como por un país de fadas onde podes ver como Ribadeo ten múltiples ollos polos que mirar. Neste Camiño do Encanto buscamos descubrir eses encantos máis agochados do corazón do concello de Ribadeo. Hai paisaxes únicas, aspectos culturais e patrimoniais. Creo que é un espazo moi bonito desde logo por descubrir”.
A edil indicou que “para todas aquelas persoas que estean interesadas en participar nestes cursos é preciso facer reserva, e poden facelo a través de turismo@ribadeo.org ou chamando á Oficina de Turismo ao 982 128 689. Os cursos van ser o de Servizo en Sala para todo tipo de restaurantes e no que se abordarán cuestións como as comandas, servizos de bebidas, elaboración da visita do cliente, montaxe de mesas, as cartas e o menú. Este terá lugar os días 13, 14 e 15 de marzo entre as cinco e as sete da tarde no Centro Pedro Murias”.
A concelleira nacionalista engadiu que “o día 21 de marzo, ás cinco da tarde, teremos o roteiro guiado polo patrimonio civil e relixioso da vila e está orientado aos profesionais do sector hostaleiro co fin de que eles poidan informar aos seus visitantes. Os días 10 e 11 de abril, de cinco a sete, no Centro Pedro Murias, haberá o curso Ideas para unha cociña en miniatura, que comprende recomendacións para sacar o máximo partido nese proceso de elaboración e presentación de tapas, ben pode ser para participar ou non no Ribadeo de Tapeo ou simplemente coma unha cuestión formativa para quen estea interesado. O 16 e 17 de abril, de cinco a oito da tarde no Telecentro, teremos o curso de Márketing dixital que terá nocións de márketing gastronómico, coñecemento de técnicas que poidan aumentar as ventas na rede, claves para mellorar en Tripadvisor, posicionamento en google, un pouco en xeral para que o noso negocio estea aí que cada vez máis se busca e se consulta. Para rematar o 23 de abril, ás cinco da tarde, teremos o roteiro guiado polo monumento natural na praia das Catedrais, para dar a coñecer ese tramo de costa ao persoal que estea vinculado a establecementos turísticos”.
Ana Martínez dixo que “un dos piares fundamentais da economía de Ribadeo é o sector servizos, un sector potente e cun comercio que é un referente en toda a contorna e nos últimos tempos cobra unha importancia fundamental todo o que está vinculado ao tema turístico, falamos de hoteis, restaurantes, bares… todo iso supón un movemento económico importante do noso concello ao que tamén debemos sumarlle esa parte importante do sector primario, que se integra e que conforma o noso medio rural. Desde o Concello queremos contribuír a esa mellora da capacitación profesional do sector servizos, o que redundará na imaxe de calidade que nós queremos ensinar e presentar ao resto do mundo”.
Un dos obxectivos da Concellaría de Turismo para este 2018 será “dar a coñecer o corazón interior de Ribadeo, que está por descubrir. Acabamos de presentar unha subvención á Xunta de Galicia para proceder a sinalización deste novo roteiro, que será longo e que se poderá facer en coche”.




















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



