Foz a 05 de Marzo de 2018. “Foz,plataforma de futuro” solicítalle ó Alcalde e ó seu equipo de goberno que procedan a dar a charla informativa sobre a obra de Álvaro Cunqueiro, proceda a bachear a rúa Limoneiros e se reparen os bancos que hai diante de facenda.
ROGOS
– Rogamos que proceda a dar a charla informativa das obras da Avenida Álvaro Cunqueiro aprobada en pleno e solicitada polo noso grupo en varias ocasións.
– Rogamos que se proceda bachear a Rúa Limoneiros.
– Rogamos que se reparen os bancos que hai diante da Delegación de Facenda.
PREGUNTAS
– ¿Cando teñen pensado proceder a acometer a obra da estrada de Alemparte-Lamallada?
o resposta- Está adxudicada, e aprobado o Plan de seguridade.
– Non sabemos si o enganan a vostede ou engana vostede ós veciños, ¿pódenos dicir qué sabe do tema do dragado do Porto?
o resposta- Estase a traballar na valoración técnica e proceso de licitación e segue afirmando o Alcalde que conta que se faiga antes do verán.
– ¿Vai facer algunha xestión para axilizar a reparación da N-642, e sacar o suplicio que teñen e temos que soportar os que habitualmente circulamos por esta estrada?
o resposta- Vai a facerse a obra en dúas anualidades, e espera que se faga na primeira anualidade o tramo de Foz. Non fixo ningunha xestión para adiantar os prazos de execución desta obra.
FOZ PLATAFORMA DE FUTURO seguirá sendo a voz dos veciños no noso concello, trasladando todas aquelas inquedanzas ou suxestións que poidan xurdir.