Lugo 6-3-18. O Goberno da Deputación ofrece formación gratuíta a técnicos municipais de 13 Concellos da Mariña a través do Curso de Sistemas de Información Xeográfica (SIX) orientado á xestión técnica municipal. Trátase da nova iniciativa da Área de Cooperación e Asistencia aos Concellos da Deputación, na que participan 22 técnicos, co obxectivo de mellorar o coñecemento de ferramentas informáticas para os técnicos municipais e deste xeito poder prestar unha mellor calidade no seu traballo diario, reducir custes e garantir a prestación de servizos básicos. Os Concellos que participan son: Alfoz, Barreiros, Cervo, Foz, Xove, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, A Pontenova, Ribadeo, Trabada, Viveiro e Burela.
O curso, que se desenvolve ata o 16 de marzo nas dependencias da AULA CEMIT de Barreiros, está impartido por técnicos do Laboratorio do Territorio (LaboraTE) da Universidade de Santiago no Campus Lucense. A formación consiste no emprego de Sistemas de Información Xeográfica co uso do programa de software libre Quantum GIS(QGIS). Desta maneira os técnicos municipais dos concellos da Mariña Lucense poderán coñecer dita ferramenta tan demandada e pouco empregada pola administración local.
Os Sistemas de Información Xeográfica e a Enquisa de Infraestrutura e Equipamentos Locais serven para elaborar planos con cartografía totalmente actualizada, mellorando a calidade nos informes municipais. Ademais ditos programas poderán empregarse como instrumento básico de análise e valoración dos bens e servizos dos concellos, así como para a planificación do territorio que se xestiona.





















A área de Deportes reforzará o seu respaldo ao club cunha subvención excepcional ligada á presenza neste torneo estatal. O vicepresidente Efrén Castro visitou este mércores o equipo en Castro Ribeiras de Lea para trasladarlles ánimo e destacar a importancia de competir a este nivel para dar visibilidade ao deporte feminino e avanzar na igualdade. Ademais deste apoio puntual, a Deputación financia de maneira estable a actividade do club cunha subvención nominativa de 70.000 euros, a principal achega institucional ao seu funcionamento.
A función está dirixida ao público adulto e a entrada será de balde, ata completar aforo. O evento conta coa colaboración do Concello. Unha nova oportunidade para gozar do teatro local e apoiar o traballo das compañías da comarca.
Sinopse: Cando chega a noite e nós durmimos, a Lúa asoma polas fiestras e goza dos nosos soños. Así descobre historias máxicas, tolas e divertidas. Os seus soños favoritos son os de Calcetín, un personaxe amante da lectura e cunha imaxinación desbordante. Viaxa entre estrelas, pilota un zapato que percorre os mares ou chega ao mundo do revés. Unha proposta chea de fantasía e creatividade para fomentar o gusto pola lectura entre os máis pequenos.
Na presentación participaron o delegado territorial da Xunta, Javier Arias; o Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Xosé María Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.



