Burela 3-4-18. Con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL do DEPORTE, a Asociación de Axudaó Enfermo Mental Á Mariña, recada ós seus atletas para participar, por primeira vez, nos Xogos Olímpicos.
A actividade terá lugar o próximo 6 de Abril do 2018 no campo de fútbol de Cervo (San Cibrao) ás 10:00 horas e nela participarán 55 persoas.
Ás 10:30 horas, procederemos ó encendido da chama olímpica e faremos unha presentación de todos os equipos participantes que vestirán cunhas camisetas de cores. Todos unidos nun gran equipo, ainda que rivais nesta ocasión, defenderán a súa cor na xornada de xogo ,que contará con cinco probas: Carreira de sacos, o Salto máis grande, Carreira de relevos, Atínalle ó aro e Carreira de ovos, onde os equipos deberán loitar por acadar a puntuación máxima de cada proba.
Para rematar, á unha da tarde, teremos o pracer de recibir ó Señor Alcalde de Cervo, Don Alfonso Villares, para facer entrega dos trofeos e coñecer o nome do equipo gañador.
Despois dunha mañá chea de xogos, todos os participantes comerán un merecido xantar no campo deportivo e disfrutarán cos seus compañeiros da experiencia vivida.
A actividade física, desencadea beneficios de mellora da autoestima, socialización e ansiedade; por iso, cosidérase o deporte como un campo moi importante para fomentar a calidade de vida diaria.
O deporte, ofrece, novas oportunidades para a recuperación de persoas con enfermidade mental, construindo unha imaxen positiva e deixando atrás ideas e creencias erróneas sobre este colectivo. Considérase un componente importante e beneficioso xa que constistúe unha maneira de cubrir as necesidade básicas e de favorecer o benestar físico, emocional e social.
Dende Á Mariña queremos resaltar a importancia do efecto positivo da actividade deportiva na calidade de vida das persoas con transtornos mentais e, para iso, celebrarémolo cunha xornada creativa de XOGOS OLÍMPICOS.
