Vegadeo, 16 de maio, 2025. O Albergue Mar e Montaña de Vegadeo acollerá o próximo 25 de maio unha sesión terapeútica a través da música. Serán dúas horas de actividade, entre as 12:00 e as 14:00, organizadas por Cimasturias e dirixidas por María Fuente.
“Musicoterapia para adultos” son sesións pensadas para persoas interesadas no seu desenvolvemento persoal. Trabállase o ben-estar no presente a través da música, sen necesidade de coñecementos previos musicais. É un taller de expresión creativa que facilita a comunicación non verbal, a descarga física e emocional, axuda a diminuír o estrés e a ansiedade e mellora o estado de ánimo. Neste tipo de obradoiros apréndense diferentes técnicas de relaxación e experiméntase un mundo de sons, sen esquecer as vibracións dos cuncos tibetanos.
A terapeuta María Fuente estudou música e continuou a formación na Universidade, estudando Maxisterio, a Licenciatura en Historia e Ciencias da Música e o Mestrado en Musicoterapia. Complementou estudos en Leiria (Portugal), Madrid, Guadalaxara (México), Salamanca, Cáceres e no Hospital Mount Sinaí en Nova York, onde contan con máis de trinta anos de experiencia de músico-terapia hospitalaria.
Neste momento, María Fuente realiza o doutoramento na Universidade de Santiago de Compostela e prepara a tese sobre Filosofía e Ciencia: Do pensamento musical da Antigüidade grega á musicoterapia: Unha exploración filosófica e cientifica. Laboralmente é autónoma e traballa con pesoas de todas as idades, dos 4 meses ao final da vida.
Todas as persoas interesadas poden facer a inscrición no Obradoiro a través do teléfono 629 668 251.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



