Burela 26-4-18. Este xoves dende A Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña, cinco usuarios acompañados por dous monitores, partiron cara a casa vacacional que a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (FEAFES GALICIA) pon a disposición da entidade dentro do Programa de ocio e tempo de lecer.
Durante a viaxe de 4 días, ademáis da estancia en Sanxenxo ( onde se atopa a casa vacacional) visitarán a zona monumental de Santiago, a cidade de Pontevedra, o Parque Natural do Río Barosa, Combarro e Bueu .
Tamén terán tempo para facer unha pequena saída nocturna e realizar algunha comida especial. Este tipo de actividades permite aos usuarios aprender a disfrutar do seu tempo de ocio, coñecer novos lugares, traballar sobre a convivencia e, todo isto, repercute positivamente na súa estabilidade e calidade de vida.
