Ribadeo, 3 de abril de 2018. A Aula CeMIT do Concello de Ribadeo organiza o 10 de abril unha conferencia na que se presentará a Plataforma É-Saúde.
A charla será mediante vídeo conferencia, ofrecida pola Aula Senior da Universidade de A Coruña, e desenvolverase de 11:00 a 13:00 horas.
As persoas interesadas teñen que preinscribirse e poden facelo na Aula CeMIT (Casa da Xuventude) ou no teléfono 982 120 732. O número de prazas é limitado.
É-Saúde é unha aplicación informática que constitúe a ferramenta do SERGAS para a comunicación co cidadán, accesible desde calquera lugar ou dispositivo (ordenador, móbil, tablet…), que lle permite o acceso a servizos e contidos de saúde personalizados.
Nesa plataforma o usuario pode consultar as súas citas médicas, acceder aos seus informes da historia clínica electrónica, informarse sobre a medicación pasada, actual e futura, xestionar as citas médicas, acceder a información de asociacións de pacientes, de farmacias, hospitais, centros de saúde e servizos de urxencias ou xestionar trámites co Sergas, entre outros temas.
