Viveiro 3-4-18. Dende o Concello de Viveiro queremos manifestar publicamente o noso apoio a Joni Ramos, que mañá volverá a participar no programa de Telecinco Got Talent coa posibilidade de ser repescado e continuar no concurso; queremos facerlle chegar toda a nosa forza e os nosos mellores desexos nesta nova fase e animamos a todos os veciños a que chamen para votalo, conseguindo o máximo apoio posible para garantir o seu pase á final.
En Viveiro somos coñecedores da súa gran calidade artística e consideremos que a súa participación neste programa é unha oportunidade única para dar a coñecer o seu traballo, polo que agardamos que Joni, grazas ao seu talento e ao apoio de todos nós, pase a proba de mañá e continúe avanzando na consecución do seu soño.
A alcaldesa
María Loureiro García