A Mariña 9-4-18. A antiga FEVE, hoxe baixo xestión de RENFE e ADIF, ten na nosa comarca un patrimonio extenso e interesante que esta en total abandono e esquecemento, quitando casos puntuais. Hoxe moitas das estacións, almacéns, talleres, casas e demais patrimonio de FEVE está en ruínas e dando unha imaxe pésima dos nosos pobos e Vilas, como exemplo a estación de Foz ou San Ciprián. O caso é que é Patrimonio de todos feito cos impostos da xente da Comarca.
Son de por si dotacións públicas con moito potencial no eido turístico e social, poden ser destinadas a novos usos e proveitos, o que non se pode permitir e a súa perda e destrución tanto polo valor histórico como pola correcta xestión pública.
Neste senso vimos vendo como a Mancomunidade de Concellos da mariña, na persoa do seu Presidente está moi forte na reclamación da posta en valor do tren. Por iso entendemos dende CxG a Mariña que o Sr. Llano pode facer algo máis, pode reclamar a transferencia de este patrimonio para xestión da propia mancomunidade e xunto coa universidade facer un estudio dos usos que se poden propoñer. Dende Compromiso propoñemos a creación dunha rede de albergues relacionados co Comiño do Mar como ruta xacobea e tamén como dotación para novas empresas, viveiros de empresas e para usos de carácter social.
A Mancomunidade pode e debe facer esta xestión polo ben da nosa Comarca e transformarse nun ente de vangarda non so un mero xestor turístico nas feiras especializadas.