Alfoz, 18 de abril de 2018. O Concello de Alfoz está a realizar as obras de execución dun aparcadoiro de autocaravanas no entorno do Campo de Fútbol Municipal de Alfoz. A instalación contará cunha zona de estacionamento, na que unha das prazas estará dotada con abastecimiento de auga e saneamento, así como dunha vía de acceso paralela ao campo de fútbol bordeando o aparcadoiro e quedando unido coa vía LU-P-0202.
Ademáis tamén se está a executar o reasfaltado, mediante aglomerado en quente, da vía que une a LU-P-0202 coa LU-P-0203, duns trescientos metros de lonxitude e catro metros de ancho, así como os accesos ao propio Campo de Fútbol Municipal de Alfoz.
O proxecto está financiado con cargo ao Plan Único da Deputación Provincial de Lugo, ascendendo o total das actuacións a 35.918,28 €.
Xabier Pardiñas, Tenente Alcalde de Alfoz, indica que as obras “responden á necesidade de mellorar os accesos ao barrio e as instalacións deportivas, así como fomentar o turismo no concello dando resposta ao fenómeno do turismo en autocaravana, que ten experimentado un crecemento moi importante nos últimos anos”. Desde o Concello de Alfoz indican que as obras estarán rematadas a finais de mes.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



