O 13.4.18., promovida pola Concellería Municipal de Cultura celebrouse, na “Casa do Poeta Manuel María”, a tan merecida homenaxe a un conveciño noso, finado hay algún tempo, a quen todos coñecíamos por “Pepe de Burón”. Personaxe singular; sempre discreto,correcto e respetuoso; amante da cultura; autodidacta;excepcional tallista na madeira e a pedra; obras que deixou espalladas por distintos lugares, ata mais alá das nosas fronteiras, ben expresivas das súas dotes excepcionais neste eido da arte, en boa parte descoñecidas polo público, pois o seu carácter austero e reservado, alleo a todo exhibicionismo folclórico, impidíu que o seu nome acadase a popularidade da que, pola súa obra era merecente. El sabía que “non hai virtude mais eminente que facer, sencillamente, o que se ten que facer”. E fuxía de todo artificio.
A homenaxe foi un éxito, por asistentes e organización. Daí que cabe felicitar aos responsables da mesma; e a Xesús do Breogán e Antón Niñe, que souberon achegar aos presentes, o acertado retrato da súa personalidade humana e artística; e á súa familia que facilitou o posible dunha celebración na que moitas persoas tiveron coñecemento de que en Foz temos – “a obra de arte é inmperecedoira”—un artista que é honra do noso pobo.
Un xornal galego, con data 15.10.17, publicaba unha información cuxos titulares, dín: “Lugo presume de Imprenta de Gutenberg” : el Centro de Artesanía e Deseño, expone una réplica del atilugio que en el sigloXV revolucionó Europa, construída en sus talleres y que pronto será la tercera funcionando en España”:una en Urueña (Valladolid) y otra en la Comunidade de Madrid; “cando se consiga poñer en marcha o artefacto lugués – dí o xornal — a bó seguro Lugo e a súa artesanía seguirán na vangarda”. Un logro conseguido en Foz—decimos nós — hai preto de 50 anos, que se presentara aquí; obra dun focego, a que era a primeira réplica en madeira da Gutenberg realizada en Galicia.
Era o ano 1970; este cronista fora nomeado Presidente da Comisión de Festas do Verán seguinte. No desexo de introducir no programa un número cultural, e popular, pensou que podería ser unha magna feira de artesanía, con unha atractiva novidade: os artesáns traballando á vista do público, modalidade da que seríamos pioneiros. Nistes intres soubemos que Pepe de Burón estaba a realizar unha imprenta en madeira, réplica da histórica Gutenberg, que imprimiría á vista dos visitantes, o que intuímos como grande atractivo. Conviñemos con él a data da inauguración da feira,na que tiña que estar a imprenta, o que lle esixía redobrar o esforzo para ter a obra a punto. E así foi. A Gutenberg focega, realizada por Pepe de Burón, foi a maior atracción daquela feira pola que pasaran milleiros de visitantes, e tivera unha grande repercusión nos medios de comunicación: prensa, radio e TVE. Hai case… ¡50 anos!.. ¡A máxima figura dela fora Pepe de Burón!, dado o desbordante éxito da súa imprenta en permanentes demostracións de impresións en papel, con tipos de letra en madeira tallada polo artesán focego.¡Algo nunca visto ata entón!
Descoñecemos se o Centro de Artesanía e Deseño lugués, dependente da Deputación, logrou o obxetivo de emular a obra de Pepe de Burón, en toda a súa dimensón,realizada hai medio século, valéndose das mais rudimentarias ferramentas, algunha das que, previamente, él mesmo tivera que construir.
A 1ª Feira da Arte Popular Galego, así chamada por suxerencia de Isaac Díaz Pardo, fora de un éxito excepcional. Mais dun cento de artesáns ( só o macro-stand da Ciudad de los Muchachos albergaba mais da metade); e os mais prestixosos, chegados de distintos lugares da nosa terra, en laboriosa localización por parte dos organizadores. A Feira tivo tres edicións (1971-72 e 73 con unha duración de 3 días cada unha. E nelas, por vez primeira despois da guerra civil, ondeara en Foz a bandeira galega, en acto público e multitudinario. O pintor lugués Luis G. Pacios, que na cidade impartía crases, fixo unha atractiva mostra dos seus discípulos; Sargadelos, que a penas levaba un par de anos cos seus productos no mercado, montou o que era un chamativo e novidoso stand, e a rede de Teleclubs, da que á sazón era asesor Luis Cordeiro, montara unha espléndida mostra, tamén inédita e moi exitosa… O catálogo daquela sorpredente feira non remataba aquí… da que fora a súa estrela mais rutilante Pepe de Burón, o focego a quen con toda xustiza acabamos de homenaxear. Noraboa.
A veces, iniciativas exitosas deixan as súas pegadas na sociedade: naquela Feira hai que buscar as orixes de “O Feitizo”.
















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Pasada a medianoite, un vehículo saíuse da vía na N-634. Como consecuencia do impacto, tres persoas resultaron feridas. Da asistencia sanitaria ocupáronse os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil de Tráfico da seguridade na vía. Os Bombeiros de Barreiros tamén acudiron, sen embargo, ningún dos feridos estaba atrapado.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



