Foz, 6 de abril de 2018. O Concello de Foz colabora na celebración das segunda edición das Xornadas de Pesca con señuelos que, organizadas pola asociación A Ribeira, terán lugar os días 14 e 15 deste mes. O evento foi presentado no peirao focense.
O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, anunciou: “estamos no porto de Foz colaborando coa asociación A Ribeira, que organiza as II Xornadas de Pesca con señuelos os próximos 14 e 15 de abril. Son as segundas xornadas e, despois do éxito das primeiras, entendo que a xente xa se preparara e xa fixera a súa reserva, pois son moitos os afeccionados á pesca deportiva nesta zona. É un dos primeiros eventos deste tipo que se fai na Mariña. Está ben organizado e con moita profesionalidade, polo que desde o Concello só nos queda felicitar por esa organización á asociación A Ribeira”.
O rexedor focego quixo “seguir animando a todo o mundo a que veña a pasar ese fin de semana aquí, dentro do mundo e do ambiente da pesca deportiva, no noso concello e que goce tamén de toda A Mariña, posto que son moitos os que veñen doutras autonomías e doutras localidades e puntos de todo o país. De xeito que a disfrutar o próximo fin de semana dos días 14 e 15 coa pesca deportiva en Foz e sobre todo darlles esa noraboa por seguir coa idea de promover a pesca deportiva no noso concello”.
O presidente da asociación A Ribeira de Foz, Alberto Burundarena, dixo: “queremos seguir promocionando e potenciando o deporte náutico na Mariña e pensamos que a mellor forma de facelo é a pesca deportiva, que se pode practicar en calquera época do ano e que non entende de estacións. Ademais a nosa comarca ten unhas características orográficas que son perfectas para a práctica da mesma en comparación con outros litorais próximos. Polo tanto pensamos que a pesca deportiva é un valioso recurso turístico para a nosa comarca”.
Alberto Burundarena explicou que “A Ribeira de Foz, xunto coa tenda de pesca Kukadas, organizamos os vindeiros sábado 14 e o domingo 15 de abril en Foz as II Xornadas de Pesca con señuelos. Para elo tamén contamos coa valiosa colaboración do Concello de Foz, do Centro Comercial Aberto e da Deputación de Lugo. É un evento de pesca deportiva que repetimos tras o éxito das xornadas do pasado ano. As modalidades de eging, slow jiging e pesca con señuelos blandos serán as temáticas que ocupen as charlas, probas e saídas grupales de pesca nestas II Xornadas de Pesca con señuelos en Foz. Para elo traeremos a seis integrantes do equipo de pescadores Fiiish de España y de El Pez Rosa que serán os poñentes. Será interesante ver e escoitar os consellos e aprender destas persoas que se dedican profesionalmente á pesca deportiva. Achéganse a Foz desde varios puntos da península como Sevilla, Murcia ou Almería. Estes profesionais pódense comparar con xogadores do Madrid ou do Barcelona e viaxan por todo o mundo para incorporar novos materiais e aprender novas técnicas. Algúns deles estiveron moi recentemente en Xapón, que é a cuna da pesca deportiva do calamar e desde ese país vanos traer a Foz as últimas técnicas para a pesca deste prezado cefalópodo, que ademais ten moitos afeccionados á pesca deportiva. Este será un dos puntos máis interesantes das charlas do evento”.
O presidente de A Ribeira de Foz salientou tamén que “o programa este ano é moi amplo. Comezaremos o sábado 14 ás once da mañá na Casa da Cultura de Foz, onde teremos as charlas técnicas. Despois faremos un parón para repoñer forzas e para elo teremos unha comida de irmandade entre os asistentes que o desexen no hotel Leytón. Xa pola tarde, ás catro e media no peirao de Foz continuaremos as actividades cunha exhibición de eging e spinning, onde todo o que queira poderá probar materiais novos e escoitar os consellos dos profesionais de forma práctica. Durante toda esta xornada haberá importantes regalos e sorteos de materiais de pesca entre os participantes”.
Burundarena engadiu que “o domingo 15 teremos unha quedada de pescadores de spinning polas praias de Foz. Comezaremos a xornada ás seis e media da mañá coa concentración de pescadores na cafetería Xoyma, onde faremos un reparto de grupos de pescadores polas distintas praias de Foz e logo xa partiremos en conxunto a gozar da práctica deste deporte. É imprescindible para a xornada do domingo que os que queiran participar leven unha roupa axeitada e material de pesca propio, aínda que tamén teremos materiais para probar alí como cañas, señuelos, etcétera. Despois de rematar o día de pesca faremos outra comida de irmandade no restaurante Casa Damián e tamén teremos regalos e materiais de pesca para os asistentes”.
Alberto Burundarena subliñou que “todos os actos son gratuítos e abertos ao público, agás as comidas que cada un terá que abonar o pago delas. Para participar nas comidas é necesario inscribirse na tenda Kukadas e o prazo remata este domingo, día 8. Esperamos ter gran afluencia entre a xente. Agora mesmo xa contamos con máis de cen persoas para cada día apuntadas e a finalidade deste evento non é outra que aprender uns de outros e intentar ser mellores pescadores deportivos”.





















A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.



