Viveiro, a 6 de abril de 2018. Dende o PP de Viveiro lamentamos a inaceptable e cómplice permisividade da Sra. Alcaldesa cos integrantes da Plataforma Sanitaria no pleno celebrado o pasado mércores 4 de abril.
Nese Pleno, e durante máis de media hora sufrimos continuas interrupcións nas nosas intervencións por parte dos integrantes da plataforma sanitaria, nas que se nos dedicaban todo tipo de insultos ( ladróns, lamecús, arrogantes, fascistas, caciques, comemerdas…), sen que por parte da Sra. Alcaldesa se adoptase ningunha medida efectiva para poder garantizar o normal desarrollo do Pleno.
Non fixo absolutamente nada por deter esa cascada de insultos e falta de respeto hacia o noso grupo. Non quixo adoptar ningunha medida, e so cesaron ditos insultos cando os membros da plataforma decidiron que xa era abondo. Nese momento e aínda que a Alcaldesa tentou disfrázalo decindo que “ con todo el dolor de su corazón, tenía que echarlos”, estes espetaronlle un “ xa nos imos nosoutros”.
Lamentamos profundamente esta actitude cobarde da Sra. Alcaldesa, que en vez de garantir os dereitos de libre expresión dos representantes lexitimamente elexidos polos veciños de Viveiro, se adicou a protexer e dar cobertura a todos estes señores que nun intento totalmente antidemocrático, intentaron amedrentarnos polo simple feito de pensar distinto a eles.
Agardemos que estes comportamentos máis propios da Kale Borroka que dunha sociedade democrática, non se volvan a repetir nin dentro nin fora do Concello, posto que esto so pode conducir a feitos dos que logo nos teñamos que lamentar.
Antonio J. Bouza Rodil
Portavoz PP de Viveiro