Foz, 5 de abril de 2018. A Delegación de Cultura e Educación do Concello de Foz organiza para este venres, 6 de abril, unha charla sobre cómo se fai unha previsión do tempo para a Televisión de Galicia. Correrá a cargo da xornalista de O Tempo da TVG Mabel Montes e será no Cenima a partir das 11:15 horas. Ten como destinatarios aos alumnos e alumnas de 1º da ESO dos colexios Martínez Otero, O Pilar e o IES de Foz. Ademais o vindeiro día 13 inaugurarase unha exposición en homenaxe a Pepe de Burón, artesán de Mañente, ás oito da tarde na Casa da Cultura.
O concelleiro de Cultura e Educación en Foz, Ánxel Paleo, anuncia: programamos para este venres, día 6 de abril, unhas charlas informativas sobre como se fai unha previsión do tempo. Están dirixidas aos alumnos de 1º da ESO do colexio Martínez Otero, do colexio do Pilar e do IES de Foz. A duración será de dúas horas e dará comezo ás once e cuarto no Cenima. A encargada de explicarlles aos alumnos os métodos que utilizan, para despois informarnos o máis exacto posible do tempo que teremos en Galicia, será Mabel Montes, xornalista que dá o tempo na Televisión de Galicia”.
Ademais Ánxel Paleo adianta que “para a semana que ven, o venres 13 de abril, ás oito da tarde na Casa da Cultura de Foz será a inauguración da exposición en homenaxe a José Díaz Fernández, máis coñecido como Pepe de Burón, veciño do barrio de Mañente, na parroquia de Vilaronte. Era unha persoa autodidacta, un artista na talla de madeira, na de pedra, lousa, mármore e no repuxado de coiro. Deixounos para o recordo grandes obras mestras e incluso el mesmo facía a ferramenta que utilizaba”.
O edil quere “agradecer á súa muller e á súa filla todas as facilidades que nos ofreceron e a súa colaboración para facer esta homenaxe e tamén a colaboración desinteresada de Antón Niñe e Xesús de Breogán”, que falarán na inauguración da mostra.
Ánxel Paleo explicou tamén que “a exposición estará aberta do venres 13 ao venres 20 e convido a todos os veciños a que se acheguen para coñecer a vida e obra dun dos artistas do concello”.
Esta mostra, organizada pola Delegación de Cultura do Concello de Foz, permanecerá aberta no primeiro andar da Casa da Cultura focense os días 13, 16, 17, 18, 19 e 20 deste mes das 19:00 ás 20:00 horas e o martes día 17 poderá visitarse tamén de once a doce da mañá. Para os centros escolares haberá horarios especiais.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



