Viveiro 5-4-18. O Grupo Galipizza inaugura este xoves 5 de abril o seu novo local no centro da Coruña, na Praza de Galicia, na principal zona comercial da cidade. A inauguración terá lugar a partir das 8 da tarde con degustación gratuíta dos principais produtos da carta de Galipizza e invitación á segunda consumición da noite.
Esta firma hostaleira, que está a celebrar o seu 25 aniversario como cervexaría, pizzería, hamburguesería e tapería; naceu en 1993 na cidade lucense de Viveiro e con este novo da Praza de Galicia, a cadea Galipizza conta xa con seis locais, cos situados en Ribadeo, Culleredo, Santiago de Compostela e Vigo; todos eles propios e ningunha franquicia.
Este novo local no centro da Coruña ven complementar ó que, ubicado en Culleredo desde xaneiro de 2013, xa funcionaba a poucos quilómetros da cidade, e volve sorprender, como nas súas anteriores aperturas, por unha decoración moi peculiar, que neste caso aposta por un estilo propio de estética industrial, retro e decadente. A reforma e estilo do local, como a do resto de restaurantes Galipizza, foi realizada pola empresa 4Tablas, de Viveiro.
Esta decoración “industrial decadente” otórgalle un look descoidado con mobles reciclados de aspecto envellecido, estructuras á vista, grandes ventanais, con madeira sen ornamentos e usando na súa decoración diferentes materiais reciclados (ferramentas e utensilios de cociña) que axudan a lograr ese sabor de vella nave industrial abandonada. As paredes do local lucen ao natural (aparentemente) e cargadas de graffiti con mencións a diferentes detalles do autodenominado “Universo Galipizza”.
Esta apertura ven ligada tamén a unha nova edición da revista Galipizza e presentación da nova oferta de pratos nos locais, que se acaba de estrear durante a Semana Santa.
Como unha das principais novidades da carta aparece a nova Galipizza Terra&Mar, a número 17 xa, creada cos mesmos ingredientes que o Bocadillo de Autor co que Galipizza foi premiada en Madrid Fusion como “2º mellor bocadillo de España”: salsa de tomate, queixo afumado galego, langostinos ó allo, panceta ibérica, allos tenros e ovo roto.
A outra gran novidade son as novas hamburguesas de Galipizza. Por un lado destacan as Hamburguesas de Orixe, unha nova serie de burgers gourmet que se caracterizan por empregar carnes moi especiais, como da raza Cachena ou de Wagyu. E por outro lado, en resposta á crecente demanda do público, Galipizza lanza tamén unha Hamburguesa Vegana como alternativa as súas clásicas GalizBur.
En canto á revista Galipizza, na portada deste número 12 destaca a paisaxe de Punta Socastro, no Vicedo (Lugo), máis coñecido como “Fuciño do Porco”, cunha foto de portada cedida pola blogger “The Foodie Searcher Galicia” na que sae comendo unha Galipizza de Pulpo San Froilán. Mais non é a primeira vez que Galipizza promociona A Mariña Lucense na portada da súa revista, pois xa na revista número 4, coa que participou na feira Alimentaria en Barcelona en 2012, levaba a imaxe da Praia de As Catedrais.
Galipizza invita a tódolos seus “Galipizzeros e Galipizzeras”, e tamén á xente que aínda non sabeo o que é “Galpizzear”, a que se achegue a coñecer o seu novo local na Praza de Galicia da Coruña.






















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



