Son de esas cousas que pasan cando es rapaz que che marcan a personalidade. Lembro un ano nas festas patronais de San Ciprián, as da Virxe do Carme, tería eu uns 16 anos. Era unha boa época, a natalidade aínda non sufría moito e a cuadrilla era bastante grande, amigos con idades dende os 13 ós 17. Entón chegou un dos nosos amigos máis novos, asustado, porque un grupo de rapaces do pobo veciño quixeran pegarlle. Cousas de mozos, pero fomos uns cantos ver que pasaba e foi cando aquela frase me sorprendeu: “son o fillo do Alcalde”, de pouco lle valeu, levou unha bronca. Pero si pretendeu situarse dalgún xeito por riba nosa con aquela ameaza.
Dende aquela separo moi ben a quen sabe e ten dignidade de servizo público, e a que intenta que o público estea ó seu servizo, que é ben distinto. Compre aclara que entendo que os cargos públicos teñen que estar defendidos na súa acción, senón dificilmente podería avanzar a sociedade e producirse debates precisos e necesarios para o benestar da xente.
Outra cousas son os privilexios ou a pretensión de uso fraudulento dos mesmos. Sorprende que nos cartóns identificativos de senadores e deputados figure impreso o artigo da Constitución que outorga o aforamento, coido que non é boa idea, era mellor que figurase o artigo 14 da Carta Magna, era moito máis significativo e igualitario.
Para min o recente episodio dos retrovisores é unha entrega de aquel: “son fillo do alcalde” a sensación que me queda é a mesma, unha desilusión enorme e tamén moita coraxe e forza para cambiar estes feitos. Non podo defender tampouco accións de apoio a Deputada que cargan contra dos axentes da policía local de Santiago, sei que moitas veces a policía tamén actúa como o fillo do alcalde, pero tamén sei por experiencia na miña acción política e sindical, que ó final son traballadores da mesma clase ca min, proletarios.
Coido que cando ves a mudalo todo a facer “nova política” non podes ser cómplice da actuación daquel fillo do alcalde. Ten pois En Marea que demostrar que cumpre o artigo 14 da Constitución e facer unha acción digna para Galicia, o resto é unha forte traizón, cando menos para aquela xente que acreditou neles.
Piñeiro Docampo
Sº Xeral de CxG.

















O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.



