Lugo, 8 de abril de 2018. A Deputada de Cultura, Pilar García Porto anunciou que a Deputación desenvolverá unha programación cultural coa que o musicólogo sarriano Abraham Cupeiro realizará 20 accións en 16 Concellos da provincia, para amosar o seu traballo de recuperación de instrumentos ancestrais. “Trátase dunha programación que inclúe actuacións nos Concellos de Viveiro, Chantada, Monforte de Lemos e Vilalba, onde ofrecerá concertos abertos ao público en xeral. Ademais, realizará 16 concertos didácticos en centros educativos da provincia, serán concertos pedagóxicos, no que viaxará cos escolares ao pasado máis remoto a través dos instrumentos de vento”, sinalou a Deputada.
García Porto avanzou que “con esta iniciativa damos a coñecer a nosa gran riqueza musical e as nosas tradicións, empregando unha gran colección de máis de 200 instrumentos de Cupeiro, que van dende unha pequena frauta de óso (46OOO a.c) ata un gran Sousaphone orixinal do século XIX. Na colección, están representados instrumentos de todas as familias, lugares e épocas”.
A Deputada sinalou que “Cupeiro é un gran musicólogo que constrúe e fai soar instrumentos de máis de 2.000 anos como o ‘karnyx’, a gran trompeta céltica, ademais de traballar na recuperación de instrumentos ancestrais. Este sarriano, que conta cunha ampla formación musical, é capaz de interpretar melodías de distintas épocas con instrumentos moi antigos e complexos”.
García Porto explicou que “coincidindo coa celebración do Ano Europeo do Patrimonio, queremos levar aos centros educativos e ao público en xeral os sons ancestrais como o “karnyx”, unha trompeta celta de 3 metros de lonxitude, rescatada hai poucos anos, ademais das cornas, coas que Abraham recupera unha tradición perdida en Galicia utilizando instrumentos orixinais”.
Multiinstrumentista
O musicólogo Abraham Cupeiro (Sarria, 1980), constrúe e fai soar instrumentos de fai máis de 2.000 anos como o “karnyx”, a gran trompeta céltica. É construtor e multiinstrumentista, ademais de traballar na recuperación de instrumentos perdidos no tempo, utilizalos para crear novas sonoridades e imbricarlos en músicas alleas a eles. Estudou trompeta no Conservatorio Superior de Musica de Madrid, e logo realizou un máster en Interpretación da Música Antiga na Universidade Autónoma de Barcelona.
A súa formación é clásica, pero sempre se sentiu atraído por todo tipo de músicas.
Desde novo formou parte de grupos de folk, jazz ou música antiga. E como instrumentista, destaca por ser unha das poucas persoas que toca o Karnyx (trompeta celta da Idade de Ferro). Ademais é impulsor dun instrumento ancestral en Galicia: a corna. Instrumento que tocaba seu avó e que aparece nas iluminacións de Alfonso X.
O seu interese pola organoloxía, ciencia que estuda os instrumentos musicais e a súa clasificación, levoulle a conseguir unha colección de máis de 200 instrumentos de todo o mundo e de distintas épocas. Cupeiro recupera e constrúe diversos instrumentos, e interpreta con eles a súa música, e tamén a mestura con formacións modernas.
4 Concertos abertos ao público
Abraham Cupeiro actuará co seu proxecto “Os sons esquecidos”, nos Concellos de Viveiro, Chantada, Monforte de Lemos e Vilalba, en concertos abertos ao público en xeral, co seguinte calendario;
– Viveiro, 13 de abril no Teatro Pastor Díaz, ás 20:30 horas.
– Chantada, 20 abril, no Auditorio, ás 20:30 horas.
– Monforte de Lemos, 4 de maio, no Centro Multiusos, ás 20:30 horas.
– Vilalba, 13 de maio, no Auditorio, ás 20:30 horas.
16 concertos pedagóxicos en centros educativos da provincia
O musicólogo sarriano amosará a súa colección de instrumentos musicais, con concertos pedagóxicos en 16 centros educativos da provincia, son os seguintes;
– Foz, 9 de abril, Salón de actos do IES de Foz, ás 13:30 horas.
– A Pontenova, 10 de abril, Casa da Cultura, ás 11:00 horas. Acudirán alumnos do IES Enrique Muruais e do CEIP Plurilingüe.
– Burela, 11 de abril, no Auditorio, ás 11:30 horas. Acudirán os alumnos do IES Monte Castelo e Perdouro.
– Viveiro, 13 de abril, Sala Multiusos do Concello, ás 12:30 horas. Acudirán alumnos do IES Vilar Ponte e IES María Sarmiento.
– Portomarín, 17 de abril, no CEIP Virxe da Luz, ás 10:00 e ás 11:30 horas.
– Antas de Ulla, 18 de abril, no Hall do CEIP de Antas de Ulla, ás 12:30 horas.
– Chantada, 20 de abril, no Auditorio, ás 12:00 horas. Participarán alumnos do IES Val do Asma e do IES Lama das Quendas.
– Rábade, 23 de abril, no ximnasio do IES Río Miño, ás 11:20 horas.
– Guitiriz, 25 de abril, no Salón de Actos do IES Poeta Díaz Castro, ás 11:30 horas.
– Vilalba, 27 de abril, no Salón de Actos do IES Basanta Silva, ás 12:35, cos alumnos de secundaria do Centro.
– Bóveda, 2 de maio, no CEIP Rosalía de Castro, ás 11:00 horas.
– Ribas de Sil, 2 de maio, no Salón Multiusos do Concello ás 15:00 horas, para os alumnos e os pais do CEIP de San Clodio.
– Sarria, 3 de maio, no Salón de Actos do IES Xograr Afonso Gómez para alumnos do IES Xograr Afonso Gómez e do IES Gregorio Fernández, ás 11:30 horas.
– Monforte de Lemos, no Centro Multiusos, ás 11:00 horas, no que participaran alumnos dos seguintes Centros: CPR Plurilingüe Fundación Educativa Torre de Lemos, CEIP Plurilingüe de Monforte de Lemos, CEE Infanta Elena, IES A Pinguela, IES Francisco Daviña Rey, IES Rio Cabe e CPR Padres Escolapios.
– Becerreá, 7 de maio, no Salón de Actos do IES de Becerreá, ás 12:00 horas.
– A Fonsagrada, 8 de maio, na Casa da Cultura, ás 11:30 horas. Participarán alumnos do IES Fontem Albei e do CEIP Santa María.




















Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.



