Ribadeo, 5 de abril de 2018. Apaga continua desenvolvendo o proxecto Impulso a Empleabilidad coa mobilidade de 20 alumnos de grado medio de electromecánica de vehículos e carrocería da familia profesional de Transportes e Mantemento de Vehículos.
Álvaro Doural explica que “nesta ocasión dous alumnos do CIFP Ferrolterra, de Ferrol, 2 alumnos do CIFP Profesor Raúl Vázquez, de Madrid, realizarán en abril prácticas na empresa de Pontevico (Italia) Carrocería Multicar. Tamén durante o mes de abril 4 alumnos do IES Val do Asma, de Chantada, realizarán prácticas en Brescia. Estas estarán coordinadas polo centro dos alumnos que estiveron en Ribadeo hai uns meses. E tamén en abril 4 alumnos do IES Miguel de Cervantes, de Murcia, farán prácticas en Lisboa no Concesionario Ford”.
Doural engade que “no mes de maio 4 alumnos do CIFP Virgen del Camino, de Pamplona, realizarán practicas na empresa BMW de Zagreb e xa pa rematar o proxecto outros catro alumnos nesta ocasión do IES Miguel de Cervantes, de Murcia, farán tamén practicas en Brescia, Italia”.
Con esta última mobilidade rematan dous anos de traballo intenso no que alumnos de distintos puntos de España fixeron practicas en países de Unión Europea, baixo a tutela de APAGA (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia).