Lugo, 11 de maio de 2018. O Executivo Provincial aprobou este venres en Xunta de Goberno os 154 novos postos de traballo para lucenses no paro en entidades da provincia grazas ao Ben Empregado 4, máis social. Trátase da última edición deste plan de emprego dotado con 2,2 millóns de euros do Executivo Provincial, dentro da súa aposta por xerar emprego de calidade, defendendo a igualdade e os dereitos dos traballadores. O organismo provincial publicará os perfís dos traballadores e os lucenses seleccionados en http://benempregado.deputacionlugo.org/index.php. Unha vez notificados os novos empregos, as empresas e entidades terán un prazo de 5 días hábiles para realizar as contratacións. Ademais, a semana que vén tamén se publicarán os 27 postos, que quedaron desertos do Ben Empregado 4, aos que se poderá inscribir calquera desempregado lucense.
A Deputada de Promoción Económica e Social, Sonsoles López Izquierdo, destacou que “destes 135 novos postos postos de traballo que xeramos dende o Goberno da Deputación en 30 Concellos da provincia, é dicir, o 88% son contratos a xornada completa, e 16 son contratos indefinidos, que se suman aos 60 acadados nas anteriores edicións do Ben Empregado, dentro do noso compromiso con todos os lucenses na creación de emprego estable e de calidade que protexa os dereitos dos traballadores”.
“Son 14 persoas con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral as que comezarán a traballar en entidades da provincia a través desta última edición do Ben Empregado. Estes novos contratos súmanse ás 50 persoas de colectivos vulnerables que atoparon traballo grazas as políticas de emprego que levamos a cabo dende o Goberno da Deputación. É unha satisfacción ver que o labor que estamos realizando dende o Executivo Provincial é útil e acada bos resultados para todos e cada un dos nosos veciños, dentro da nosa firme aposta por facer desta institución unha Deputación sumamente social, rural e que traballa por e para as persoas”.
Axudas dun máximo de 22.000 euros
O Ben Empregado 4, máis social inclúe axudas dun máximo de 22.000 euros, dirixidas a empresas e colectivos de toda a provincia, para a contratación, durante 1 ano, de novos traballadores cos que, ademais de facer fronte á taxa de paro, contribúese á actividade de autónomos, PEMES e asociacións lucenses. O organismo provincial asume ao 100% os custes laborais de 19 traballadores con capacidades diferentes ou en risco de exclusión laboral, ao 90% a contratación de 39 novos empregados en asociacións da provincia e o 50% de123 traballadores en xeral.
Distribución dos empregos por zona
Dos 181 novos postos de traballo, 11 son en empresas e colectivos sen ánimo de lucro de Concellos da Mariña; 24 da Comarca da Terra Chá; 9 na de Sarria; 79 na de Lugo; 3 na da Ulloa; 10 na da Montaña; 18 en Lemos e Chantada.
A Mariña
A distribución dos 11 novos empregos que o Goberno da Deputación xera en 7 Concellos da Mariña son os seguintes:
– Son 9 empresas as que contratarán a 9 desempregados lucenses en xeral, que recibirán polo tanto o 50% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Barreiros, 1 auxiliar administrativo/a e comercial; en Foz, 1 recepcionista-limpador; en Mondoñedo, 1 oficial 1ª albanel; en Ribadeo, 1 técnico de xestión medioambiental, 1 oficial 1ª electricista, 1 dependente comercio papelería/libraría, 1 comercial consultor enerxético; en Viveiro, 1 carpinteiro/a – ebanista; en Xove, 1 comercial.
– E son 2 os colectivos sen ánimo de lucro os que contratarán a 2 desempregados lucenses e recibirán o 90% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Cervo, 1 traballador social; e en Viveiro, 1 auxiliar administrativo.
Terra Chá
A distribución dos 24 novos empregos que o Goberno da Deputación xera en 5 Concellos da Comarca da Terra Chá son os seguintes:
– Son 18 empresas as que contratarán a 16 desempregos lucenses en xeral, que recibirán polo tanto o 50% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Abadín, 1 auxiliar de produción en viveiro de plantas; en Castro de Rei, 1 mecánico-recambista, 1 axudante de cociña; en Cospeito, 1 palista, 1 dependente/a, 1 albanel; en Meira, 1 repartidor, 1 oficial de servizos; en Vilalba, 1 dependente, 1 axudante camareiro, 1 dependente/a, 1 axudante de camareiro/a, 1 auxiliar administrativo/a, 1 pintor, 1 camareiro/a, 1 peón fabricación de queixos.
– Son 4 empresas as que contratarán a 4 desempregados lucenses con capacidades diferentes ou de colectivos máis vulnerables, que recibirán polo tanto o 100% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Castro de Rei, 1 dependente e 1 peón limpeza; en Vilalba, 1 administrativo e 1 camareiro/a.
– Son 2 os colectivos sen ánimo de lucro que contratarán a 2 desempregados lucenses e recibirán o 90% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Vilalba, 1 oficial administrativo e 1 xestor/a deportivo taekwondo.
Sarria
A distribución dos 9 novos empregos que o Goberno da Deputación xera en 3 Concellos da Comarca de Sarria son os seguintes:
– Son 7 as empresas que contratarán a 7 desempregados lucenses en xeral, que recibirán polo tanto o 50% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Paradela, 1 oficial de 1ª en cepillado; en Sarria, 1 persoal de atención albergue, 1 dependente, 1 auxiliar de xeriatría, 1 axudante ebanistaría; en Triacastela, 1 persoal de atención albergue e 1 camareiro pisos.
– Son 2 colectivos os que contratarán a 2 desempregados lucenses con capacidades diferentes ou de colectivos máis vulnerables, que recibirán polo tanto o 90% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Sarria, 1 técnico/a superior en administración de sistemas informáticos e 1 oficial de mantemento.
Comarca de Lugo
A distribución dos 79 novos empregos que o Goberno da Deputación xera en 4 Concellos da Comarca de Lugo son os seguintes:
– Son 45 empresas as que contratarán a 45 desempregados lucenses en xeral, que recibirán polo tanto o 50% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Guntín, 1 aprendiz mecánico; en Lugo, 1 mozo especializado, , 1 auxiliar administrativo, 1 dependente carnicería, 1 axente comercial de seguros, 1 dependente tenda produtos ecolóxicos, 1 enxeñeiro técnico agrícola, 1 esteticista, 1 auxiliar administrativo, 1 xefe de 1ª administrativo contable, 1 axente de viaxe e administración, 1 mecánico oficial terceira, 1 educador, 1 peón panadería, 1 peón de xardinaría, 1 axudante estética, 1 auxiliar administrativo, 1 aparellador, 1 fontaneiro, 1 oficial 1ª albanel, 1 axudante de cociña, 1 enxeñeiro técnico, 1 auxiliar de gardería, 1 licenciado en dereito, 1 modista, 1 deseñador gráfico, 1 auxiliar administrativo, 1 albanel oficial de segunda, 1 técnico veterinario, 1 axudante dependente, 1 auxiliar administrativo, 1 dinamizador de alumnado, 1 peón mantemento, 1 axudante de cociña, 1 psicólogo xeral sanitario, 1 responsable de atención ao cliente, 1 repartidor, 1 auxiliar de farmacia, 3 camareiros, 1 mozo de almacén e 1 axudante de cociña; no Corgo, 1 técnico especialista delineación industrial, e 1 peón serradoiro; en Outeiro de Rei, 1 repartidor.
– Son 7 as empresas que contratarán a 7 desempregados lucenses con capacidades diferentes ou de colectivos máis vulnerables, que recibirán polo tanto o 100% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Lugo, 1 auxiliar administrativo, 1 camareiro, 1 operario lavandaría, 1 axente comercial, 1 axente comercial, 1 limpador, 1 caixeiro comercio.
– Son 27 os colectivos sen ánimo de lucro que contratarán a 27 desempregados lucenses e recibirán o 90% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Lugo, 1 monitor/a deportivo xadrez; 1 monitor deportivo de xadrez, 1 enxeñeiro técnico agrícola, 1 licenciado – grao en ADE, 1 enxeñeiro/a técnico obras públicas, 2 educadores sociais, 1 axente comercial e administrativo, 1 licenciado en ciencias químicas, 1 licenciado/a en dereito, 1 telefonista – recepcionista, 2 auxiliares administrativos, 1 técnico superior en administración e finanzas, 1 técnico superior artes aplicadas e deseño, 1 psicólogo, 1 licenciado en bioloxía, 1 administrativo, 1 dinamizador comunitario, 1 técnico de emprendemento, 1 administrativo, 1 educador, 1 técnico informático, 1 administrativo dinamizador e monitor, 1 traballador social apoio familias, 1 animador sociocultural, 1 técnico de atención a terceira idade.
Ulloa
A distribución dos 3 novos empregos que o Goberno da Deputación xera nos 2 Concellos da Comarca da Ulloa son os seguintes:
– Son 3 as empresas que contratarán a 3 desempregados lucenses en xeral, que recibirán polo tanto o 50% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Monterroso, 1 axudante de perruquería , 1 auxiliar administrativo, e Palas de Rei, 1 técnico/a superior en procesos de calidade na industria alimentaria.
Montaña
A distribución dos 10 novos empregos que o Goberno da Deputación xera en 6 Concellos da Comarca da Montaña son os seguintes:
– Son 7 empresas as que contratarán a 7 desempregos lucenses en xeral, que recibirán polo tanto o 50% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: Na Fonsagrada, 1 axudante camareiro, 1 animador/a sociocultural, 1 axudante cociña; en Baralla, 1 peón forestal – oficial de segunda; en Becerreá, 1camareiro; en Cervantes, 1 condutor desbrozador; e en Negueira de Muñiz, 1 axudante de cociña.
– E 1 empresa contratará a 1 desempregado lucense con capacidades diferentes ou de colectivos máis vulnerables, que recibirán polo tanto o 100% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: na Fonsagrada, 1 peón de construción.
– Son 2 colectivos sen ánimo de lucro que contratarán desempregos lucenses e recibirán o 90% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Cervantes, 1 informador cultural; en Folgoso do Courel, 1 técnico/a de proxectos de fundación.
Lemos e Chantada
A distribución dos 18 novos empregos que o Goberno da Deputación xera en 4 Concellos das Comarcas de Lemos e Chantada son os seguintes:
– Son 12 empresas as que contratarán a 12 desempregados lucenses en xeral, que recibirán polo tanto o 50% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Chantada, 1 montador de mobles, 1 dependente, 1 axudante cociña, 1 delineante, 1 condutor de maquinaria, 1 dependente pastelería; en Monforte de Lemos, 1 administrativo, 1 axudante de camareiro; no Saviñao, 1 monitor de tempo libre, 1 carpinteiro, 1 repartidor de panadería; en Taboada, 1 soldador.
– Son 2 empresas as que contratarán a 2 desempregados lucenses con capacidades diferentes ou de colectivos máis vulnerables, que recibirán polo tanto o 100% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Monforte de Lemos, 1 axudante de cociña, 1 técnico/a comercial.
– E 4 colectivos sen ánimo de lucro contratarán a 4 desempregados lucenses e recibirán o 90% da axuda económica da Deputación para os custos laborais dos novos traballadores: en Chantada, 1 creativo/a audiovisual en animación e motion graphics, 1 xestor/a en comunicación e 1 enxeñeiro/a técnico/a agrícola; en Monforte de Lemos, 1 técnico/a auditor/a.