Lugo, 2 de maio de 2018.- A Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta na provincia de Lugo 2.235 prazas dentro da campaña de verán 2018; son 80 máis que o ano pasado, o que supón un incremento do 4%
Estes datos foron dados hoxe a coñecer polo delegado territorial, José Manuel Balseiro, durante a presentación da programación de campamentos e campos de traballo para a mocidade que ofrece a Xunta na provincia e que supón un orzamento de 759.487, 75 euros.
Balseiro explicou que dende o 21 de xuño e ata o 30 de agosto sucederanse 26 campamentos, en distintas quendas e agrupados por tramos de idade -poden asistir nenos e nenas dende os 9 aos 17 anos-, que se desenvolverán nas instalacións da Xunta en Viveiro, Portomarín, Ribadeo, Palas de Rei, Lugo, Os Peares e no albergue municipal de Quiroga.
Ademais, Viveiro e Ribadeo acollerán tres campamentos en oferta concertada e o LUG II, na capital, a actividade “Conecta con Galicia”, para maiores de 14 anos.
Igualmente, haberá 7 campos de traballo internacionais para persoas de entre 18 e 30 anos, nos que poden participar descendentes de galegos residentes no exterior, e que terán lugar en Quiroga, Folgoso do Courel, Pantón, Portomarín, Xermade, Guitiriz e Pobra de Brollón.
O delegado territorial subliñou “o incremento constante que vimos experimentando cada ano tanto no número de prazas como no orzamento destinado á provincia na campaña de actividades de verán”.
Igualmente, destacou que a presente convocatoria “afonda no carácter inclusivo das actividades de verán que organiza a Xunta, ao reservar máis prazas para fillos e fillas de mulleres vítimas da violencia de xénero, para menores en situación de garda ou tutela administrativa e para mozos e mozas con discapacidade”. En concreto, para estas situacións hai reservadas 30 prazas en Lugo.
Balseiro lembrou que os mozos e mozas lucenses poden acceder ás 9.870 prazas que oferta a Xunta no seu conxunto, nas catro provincias galegas e mesmo fóra de Galicia. Así, grazas a acordos con outras comunidades, ofrécense preto de 315 prazas en campamentos do País Vasco, Castela e León, Estremadura, A Rioxa, Madrid e, como novidade este ano, Cantabria.
Do mesmo xeito, nas actividades da Xunta resérvanse prazas para a mocidade doutras comunidades. En concreto, en Lugo hai 87 abertas a persoas procedentes de Álava, A Rioxa, Castela León e Madrid.
As persoas interesadas teñen de prazo ata o día 18 de maio para presentar as solicitudes. A oferta concreta de datas, lugares, grupos de idade e outros datos pode consultarse na páxina web da Xunta, na área de Xuventude, onde atoparán o folleto informativo, ou no Diario Oficial de Galicia do día 25 de abril; nos seguintes enlaces:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180425/AnuncioG0425-170418-0007_gl.html
http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran
A Xunta incrementa nun 4% as prazas de ocio e tempo libre que oferta á mocidade en Lugo na campaña de verán 2018
-
Seguinte
Un personal shopper acompañará á gañadora da campaña do día da nai de Acisa para gastar nun día os 300 euros do premio, que inclúe un tratamento de beleza, unha xoia e roupa ou complementos. Aquelas persoas que estes días merquen nos locais asociados deberán estar atentos ao sorteo extraordinario da Once do 6




















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



