ETA naceu no 1959 dun conflito político, como escisión do mesmo PNV que constituira a coluna vertebral da resistencia do Goberno vasco presidido polo lehendakari Agirre á invasión do exército rebelde dos xenerais Franco e Mola (1936-37). Trátase dun grupo político que decide a loita armada contra un réxime de facto que oprimía Euskadi, como facía con Galicia (onde loitaron as guerrillas do maquis até 1964), Catalunya e o resto do Estado español. As mortes do policía represor Melitón Manzanas (1968) ou de Carrero Blanco (1973) hai que velas nese contexto.
Mais moi axiña ETA converteuse nunha máquina de matar illada de toda consideración política. E non certamente cando o terríbel atentado do Hipercor ou o asasinato de Miguel Angel Blanco, senón antes, moito antes. En setembro de 1974, ETA matou trece persoas e feriu ducias nunha cafetaría da madrileña rúa do Correo, optando de vez polo terrorismo. Dende entón a súa foi a lóxica do sangue e do terror. Até sumar 857 vítimas.
Non é certo, como se ten dito pola maioría dos opinadores do Madrid mediático, que ETA colgase as armas no 2011 e acordase a súa disolución agora exclusivamente por razóns de derrota policial e xudicial. Pola contra, as razóns últimas da derrota de ETA son políticas. Durante moito tempo mantivo certa afección entre un sector da poboación vasca, afección que desaparecería moito antes de non ser polos crimes do GAL. Mais dende a morte de Miguel Angel Blanco a esquerda abertzale vasca comezou rexeitar ser dirixida pola organización terrorista e situouse, progresiva mais rapidamente, fronte á violencia. A tregua de 1998-99 hai que vela neste contexto. E a súa ruptura constituou o principal fito no proceso de independendización da esquerda abaertzale a respecto da organización terrorista.
O Estado tamén actuou ás veces fronte a ETA con armas ilegais, tortura e guerra suxa. O GAL, nado no mesmo cerne do Goberno socialista de Felipe González, causou 26 mortes en 40 accións e antes os gobernos franquistas usaron do Batallón Vasco Español ou de ATE. Por outra banda, dende a ruptura da tregua, no 1999, o Estado extendeu a loita contra sectores abertzales que non eran responsábeis de accións terroristas, como na operación contra o xornal Egunkaria. Eran aqueles tempos do “todo es ETA” que dicía o xuiz Garzón.
Ven de dicir Eulalia Lluch, a filla do socialista asasinado por ETA Ernest Lluch, que “vítimas son todas, as de ETA as do GAL e os torturados”. Agora é o intre da paz e da política. De pasar páxina. Logo, iso si, de lela antes.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



