Ribadeo, 23 de maio de 2018. Os días 26 e 27 deste mes celébrase o XIII Torneo de Fútbol Veterano Vila de Ribadeo. Ata a localidade acudirán 42 equipos procedentes de Reino Unido, Bélxica, Portugal e diferentes comunidades autónomas do Estado. En total serán 800 xogadores, máis os seus acompañantes, os que encherán Ribadeo a vindeira fin de semana.
O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, dixo que “este evento deportivo tan importante para Ribadeo no que unha congregación deportiva se converte no principal evento turístico e dinámico para a economía do comercio, para a economía da hostalaría local, neste vindeiro fin de semana. Precisamente nunha fin de semana na que aínda non é tempada alta en Ribadeo, pero os hoteis, os bares, os restaurantes e as rúas en definitiva se van ver cheas de 800 deportistas, acompañados quizais dos seus familiares que cheguen cando menos a 1000 persoas, de diferentes partes de Galicia, de diferentes partes do Estado e incluso do estranxeiro dado que nestes 42 equipos hainos do Reino Unido, de Bélxica, de Portugal, así doutras comunidades autónomas de todo o Estado que veñen a pasalo ben, a xogar ao fútbol e tamén a disfrutar de Ribadeo”.
O rexedor engadiu que “esta iniciativa que fai desde hai anos a Asociación de Veteranos de Ribadeo, e que co noso pequeno grao de area desde o Concello de Ribadeo, desde a Asociación de Comerciantes tamén de Ribadeo, procuramos axudarlles todo o máis que podemos. A eles agradecémoslles que provoquen este fenómeno tan importante como é este XIII Torneo Internacional Vila de Ribadeo. Tamén aos demais equipos doutros campos, que nos prestan dado que tantísimos equipos non collen nos campos que temos aquí en Ribadeo, e algún deles tamén se xogan en San Miguel de Reinante, en San Cosme de Barreiros, así como en Tapia ou en Castropol”.
Fernando Suárez subliñou que “este ano por primeira vez, ademais dos árbitros que poden ser de por aquí, tamén vai haber árbitros internacionais, catro que van vir de Portugal. Imos facer un fin de semana deportivo e turístico de primeira magnitude, e é algo que queremos agradecer á organización por este impulso ao deporte e que arrastra ao mesmo tempo toda esta inversión económica para Ribadeo”.
Pola súa banda o presidente de Acisa Ribadeo, Francisco Iriarte, manifestou que “desde Acisa estamos apoiando un pouco dentro das nosas posibilidades a este grupo de xente que organiza este evento todos os anos. Van trece edicións e nós o que intentamos, desde o comercio e a hostalaría, é apoialos porque esta xente que nos visita deixa moito diñeiro en Ribadeo, moito movemento, danos a coñecer ante moita xente, e iso parécenos que é unha das cousas que dentro de Acisa temos que fomentar”.
Na presentación deste mediodía Víctor Quintana da AD Veteranos do Ribadeo FC, agradeceu o apoio de Concello e Acisa, así como dos clubs que ceden os seus campos para que este evento se celebre en localizacións como Barreiros, Tapia, Castropol e Ribadeo.
No acto celebrado no Concello estiveron tamén o xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez, e o técnico municipal de Deportes, Iván López.






















A interrupción do servizo está prevista entre as 8.00 e as 19.00 horas con motivo dos traballos de conexión á nova obra de saneamento que se está a executar na contorna. Trátase dunha intervención necesaria para avanzar na mellora das infraestruturas e dos servizos básicos na zona.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 
