Viveiro 24–5-18. A campaña escolar “Mares de Cultura, os Nenos e o Mar”, preséntase nesta cuarta edición como unha iniciativa de sensibilización e divulgación dos valores e dos recursos do mar, a través dun completo programa durante os meses de maio, xuño, setembro, outubro e novembro do 2018. Nesta edición, a campaña convertese nun referente de divulgación, consolidándose como complemento educativo dentro do programa de actividades escolares dos centros participantes. Como nas anteriores edicións, o principal obxectivo é achegar as novas xeracións, escolares de primaria e secundaria, ó entorno litoral de A Mariña-Ortegal, para descubrir in-situ a cultura mariñeira, os recursos naturais e as artes e tradicións pesqueiras relacionadas coa pesca artesanal. Persegue ademais, provocar na poboación escolar un cambio de perspectiva cara o respecto do medio mariño e uns hábitos de consumo responsable dos produtos do mar. Ao mesmo tempo, a través desta campaña, póñense en valor as actividades económicas do sector do mar dunha forma sustentable.
A campaña vai dirixida a escolares de entre 8 e 15 anos, dos centros educativos do territorio de A Mariña-Ortegal, en total 800 escolares dos seguintes municipios:
Ribadeo, Trabada, A Pontenova, Barreiros, Valadouro, Mondoñedo, Lourenzá, Foz, Burela, Alfoz, Cervo, Xove, Ourol, Viveiro, O Vicedo, Cariño, Cerdido, Mañón, Ortigueira, Cedeira, Valdoviño, Moeche, San Sadurniño e Somozas.
Cada centro poderá participar nas diferentes actividades da campaña:
•Charla Divulgativa e material didáctico: Cada centro participante recibirá unha charla divulgativa na aula sobre o contido da campaña, a labor do GALP é a posta en valor dos recursos costeiros e a cultura mariñeira da man dun biólogo mariño. Recibirán tamén o material didáctico que serve como reforzo educativo e complemento didáctico da xornada de actividades.
•Xornada de excursións e actividades: Nesta edición contamos cun total de 23 actividades entre as cales destacan varias novidades de grande interese. Cada centro poderá participar con un ou varios grupos dun máximo de 50 alumnos por grupo. Para as xornadas de excursión cada grupo escolle dúas ou tres actividades (dentro do programa adxunto) que máis lle interese realizar durante unha xornada.
•Concurso escolar Mares de Cultura, os Nenos e o Mar 2018: Outra das novidades desta edición é que os grupos e clases poderán participar ademais nun concurso escolar co obxectivo de que as novas xeracións dean a súa perspectiva sobre o mar.
Nesta terceira edición temos un total de 24 actividades divididas en dúas áreas xeográficas, A Mariña e Ortegal:
•Visita ás mariscadoras e a reserva Mariña da Ría de Cedeira.
•Visita á lonxa de Cedeira.
•Visita á Asociación de Redeiras de Cariño.
•Visita á Lonxa de Cariño.
•Visita á Cetaria A Balandra en Cariño.
•Visita á fábrica de Conservas La Pureza en Cariño.
•Limpeza de praias.
•Ruta da natureza Ría de Ortigueira.
•Ruta de observación de aves en Estaca de Bares.
•Museo Mares de Cedeira.
•Visita o criadeiro de corais Reef Water en Viveiro.
•Visita ao Museo provincial do Mar en San Cibrao.
•Visita á Carpintería de Ribeira Francisco Frá en San Cibrao.
•Visita ás Redeiras de Burela.
•Visita á peixería turística O Almacén do Peixe no Porto de Burela.
•Visita á lonxa de Burela.
•Visita ao Barco Museo Boniteiro Reina del Carmen en Burela.
•Obradoiro de especies invasoras.
•Ruta polas praias e as marismas da Ría de Foz.
•Obradoiro de Navegación a Vela no Club Náutico de Foz.
•Ruta en Kaiak en Foz.
•Curso de iniciación ao Surf
•Visita ao CECUMAR- Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo.
A primeira actividade levarase a cabo o venres 25 de maio, e nela participarán os rapaces de 3º e 4º de primaria do CEIP de Celeiro. Ás 11:00 h. Visitarán a granxa de corais Reef Water Coral Farm, ubicada en Magazos.
O día 28 de maio, os alumnos de 3º e 4º de primaria do CEIP Manuel Fraga Iribarne de Cariño, visitarán ás 11:30 h. a Fábrica de conservas La Pureza, que está ubicada na mesma localidade.
Mais información no seguinte enlace: http://maresdecultura.es/comeza-mares-de-cultura-os-nenos-e-o-mar-2018/
























Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



