O pasado día 16, a Asociación de Comerciantes de Foz celebraba o 30 aniversario da súa fundación, con unha cea no hotel Leytón, á que asistiron mais de cen persoas, entre as que se atopaban diversas autoridades e representacións; no seu transcurso, este cronista, presidente-fundador da mesma, recibiu unha homenaxe;na súa intervención, dixo:
Non podo, nen quero tampouco, ocultar a emoción que me produce a oportunidade de compartir con todos vós esta velada, coa que celebramos un feito que no seu día quixo rachar co inmovilismo que sempre nos caracterizou; pero que, como toda innovación que altere a rutina establecida, precisa dun tempo de adaptación que ás veces non se logra nin nunha xeneración.Pero o dito é tan coñecido, como certo: “renovarse ou morrer”…
Un colectivo desta natureza, que chega ós trinta anos,sen atrancos traumáticos no camiño; pletórico de vida e ilusión, pode ser augurio dun futuro esperanzador;así como o feito de que , pola súa directiva, leven pasado o 70% dos socios, é indicativo de que éstes manteñen unha actitude responsable e da necesaria dispoñibilidade para a supervivencia do ente; algo que non dudo en calificar de exemprar. Estas evidencias fan que, moi compracido, vos exprese a miña noraboa.
Cando aquel martes e trece, de abril de 1988, se convocou a comerciantes, industriais e autónomos, co fin de promover a posible creación do colectivo, baseado no vello axioma, de “a unión fai a forza”; este que vos fala tiña 50 anos, e non coxeaba. O tempo fixo del un outoxenario; ou sexa, un vello que nas longas noites de insomnio, refúxase nos recordos pois que, como dixera o poeta francés Novalis, “ éstes, os recordos, son o único paraíso do que ninguén pode expulsarnos”;lembranzas sempre gratas , porque a memoria é selectiva e esquece aqueles que ó longo da vida nos causaron distintos grados de sufrimento. Moitas veces, nese repaso sempre nostàlxico, acuden á mente episodios vividos no entorno da ACIA; dos que podo asegurar que nengún deixou en mín un ronsel de mínima animosidade; senon todo o contrario; e aseguro que a experiencia resultoume positiva, ilusionante e didáctica. A vida, cos seus avatares, tan dispares e contradictorios, é un libro aberto á formación humana do individuo; Pero tamén un recoñece que, en toda faceta vital, unha retirada a tempo é unha victoria; feito que, moitas veces, a propia natureza nos advirte, pero á que non sempre escoitamos.
Con vistas ás accións de promoción turística gravamos o vídeo “Foz, un lugar de ensueño” do que se fixeron 5000 copias; para aforrar, eu fixen o texto e Sergio de Burela montara as imaxes. A campaña de promoción tivo un éxito importante: por exemplo, deo lugar a que se producira o éxodo de asturianos da cuenca minera hacia os nosos pagos. Todos coñecemos esa evidencia e a importancia que segue a ter.
E agora conmemoramos o percorrido da Asociación desde aquela tarde de 1988. Todos somos un pouco mais vellos; o acto de hoxe resulta reconfortante e mesmo, emotivo.Teño tamén que decir, con toda modestia, que onde se presentou a ACIA, deixou sempre alto o nome do noso pobo. Nunca un desencontro se producíu cos organizadores dos distintos eventos, aos que acudimos a numerosos lugares coa nosa misión;nen deo lugar a tipo algún de enfrontamentos: sempre cumplíndo os compromisos; endexamais foi obxeto de reclamación algunha, e en todas partes deixamos ringleiras de amigos.
Hai uns anos, estando na librería, entrou unha parella xa de idade: saudaron moi cordialmente e o home dixonos: “Somos de Tineo y a Vd. lo conocemos desde que estuvo en la feria dando a conocer Foz. En la carpa se proyectó un vídeo y Vd.dio una charla sobre esta zona. La visitamos; compramos una vivienda y llevamos diez años viniendo aquí”. É tan só unha anécdota; pero un, como moitas outras personas, coñece moitos casos semellantes…
Polo que a mín respecta sinto a ledicia íntima de vivir a oportunidade de ser partícipe dunha idea que promove unha filosofía nova: algo ao que sempre fumos, e aínda somos, pouco dados: xuntar os esforzos de cada un, buscando o beneficio de todos. Cústanos aceptalo pero, de logralo, sería un importante avance na nosa evolución personal, tan necesaria para acadar as metas a que nos referimos.
Eu desexo que a ACIA, no seu día, celebre as Vodas de Ouro, nas que non estarei. Que manteña a vitalidade; nese senso felicito á directiva actual polo traballo que desenvolve. Cada época ten a súa problemática e a súa complexidade ; e a que estamos a vivir non é a excepción, e polo tanto está demais toda comparación; o que hai que estimular é a voluntade, as inquedanzas, o traballo de superación personal e profesional para un futuro cada vez mais esixente.
Vaia a miña gratitude para os socios cos que durante tanto tempo convivín pacífica e cordialmente; para os que, en distintas etapas fumos compañeiros de directiva, tamén pola armónica convivencia e pola amizade. Polo demais, mentres alente, se de algo vos podo valer, teredes en min ó amigo de sempre, a o voso dispor.
E remato con unha encomenda: sendo rapaz lin algo que fixei para sempre: “os moitos anos enrugan a pel; a falta de entusiasmo enruga a alma: non permitamos que a alma se enrugue”.
E hai mais dun século, o insigne poeta, Curros Enriquez, deixou escrito: “Todo, para ser grande e forte/ se xunta, une e arreconchega./ Quen á discordia se entrega / vai dereito cara á morte”. Moitas gracias a todos.
“Foz: 30 anos da A. C. I. A.”
-
Seguinte
Preocupación en Acisa Ribadeo coas medidas cautelares que a Xunta está a tomar na praia das Catedrais. Francisco Iriarte propón varias medidas para que a xente siga a gozar dese espazo. Para este colectivo “o turismo e a riqueza que xera en Ribadeo ten que ser compatible coa seguridade das persoas e coa conservación dese monumento natural”



















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



