En 1978 xurdiu na vila o primeiro colectivo de mulleres que se organizaban co fin de atopar na solidaridade e a convivencia a canle axeitada para vivir as súas inquedanzas ,e para estar presentes, legalmente constituídas, na sociedade nova que agromaba. Chegaba a apertura á participación na “res publicae” e a muller, de sempre marxinada, debía tomar posicións para facer valer a súa presencia e para reivindicar dereitos e consideracións históricamente negados. Así nacía, hai agora 40 anos,a Asociación de Amas de Casa de Foz.
O ano 2003 o colectivo celebrou as Vodas de Prata, e con tal motivo editou unha revista na que este cronista colaborou con modesto artigo cuxo contido, quince anos mais tarde, suscribiríamos. Dí, parcialmente así: “Galicia é, de sempre, un matriarcado. O mais fondo do ser da nosa terra, desde a complexión e a tectónica das terras, ata a capa da paisaxe que ten enriba; dende a música e a fala, ata calquera manifestación do temperamento e a cultura, todo aparece baixo un tinte femenino. Asimesmo, lémbranos Martínez Barbeito: “ moito do mellor que produciu o xénero indíxena débese ás mulleres; daí que nalgún momento se dixera que “en Galicia os grandes homes son… mulleres”.Porque, a carón de mulleres senlleiras da literatura, das artes, da socioloxía, da política e aínda da guerra, miles de mulleres galegas, ás veces insignificantes ó exterior, son a alma e o corpo do fogar; levan a dirección da familia e a miúdo tamén a responsabilidade do sostemento económico; e non só aquelas ás que Rosalía chamou “viuvas de vivos”, por outra parte exemplo de entrega e sacrificio…
Pero, a pesares desta realidade obxetiva; razóns históricas, sociais, culturais e políticas mantiveron ás femias apartadas de todo poder e de todo protagonismo.
É certo que a evolución foi grande no último século: pouco ten que ver a situación de hai anos a esta parte, con aquéla que no S. XIX obrigou a Concepción Arenal que, para asistir á Universidade, tivera que vestir de home.
Pero a loita da muller non rematou, continúa; aínda que, como dixo o poeta,”para honrarla el hombre bástale a la mujer que mujer sea”.
Parabéns ás Amas de Casa de Foz,tan perto de celebrar as Vodas de Ouro do seu colectivo. Noraboa.




















A alcaldesa, Marta Rouco, e a concelleira Paula Vigo destacaron que esta iniciativa busca dinamizar os domingos de feira e dar visibilidade ao traballo artesán. As inscricións poden realizarse ata o 26 de abril, cubrindo o formulario dispoñible en vilalba.gal/novas e enviándoo a feiras@vilalba.es xunto coa documentación requirida. Para consultas, está dispoñible o teléfono 982 51 03 05.
A representación desenvolverase na praza do mosteiro, na igrexa e nos espazos exteriores habituais para escenas como o xuízo ante Pilatos, o horto e a crucifixión. Participarán a Garda Pretoriana de Lugo, a Percussio Praetoria e o grupo Galiclasic, nun evento recoñecido como Festa de Interese Turístico Rexional e no que colaboran arredor de cen persoas.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza a participar no novo Guateque de Arruguiñas, unha proposta pensada para fomentar o encontro interxeracional, a convivencia e o lecer compartido. O evento celebrarase este martes, 31 de marzo, ás 19:30 horas, na Casa do Mar de San Cibrao. A xornada incluirá actuación musical, bingo e chocolate, actividades organizadas polo alumnado de 2º de Bacharelato en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil e a Asociación de Xubilados Terramar. O Concello anima a participar e desfrutar dunha tarde especial de convivencia e diversión.
O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).



