Este venres día 11 de maio inauguramos o espazo ampliado de Xoguetería Din y Don e Librería Bahía en Ribadeo. Ademáis de aumentar metros á xoguetería que xa estaba funcionando en Ribadeo, no mesmo local comezará a funcionar unha filial de Librería Bahía especializada en literatura infantil e xuvenil.
As dúa ofertas, xoguetes e libros, van pois dirixidas a un mesmo público e compleméntanse. Aínda estando no mesmo local, queremos dar unha identidade propia e diferenciada a cada unha, así que as decoracións, mobiliario, iluminación etc. Son ben diferentes. Estando no mesmo sitio, hai unha clara diferenciación de espazos. Inauguramos o venres día 11 cun espectáculo para o público familiar,
