Viveiro 30-5-18. O Concello de Viveiro celebrou no día de hoxe a Mesa de Contratación para licitación das obras que se relacionan a continuación:
Reposición e mellora do firme nas rúas denominadas Rego das Frores, Alonso Pérez e Jesús Noya no núcleo urbano de Viveiro (Lugo), cun orzamento de contrata de 57.632,46€ e cun prazo de execución de 1 mes.
As obras que se pretenden acometer no presente proxecto consisten en:
•Acondicionamento dos tres viais, co obxecto de facilitar a circulación rodada dos mesmos, mediante o reforzo do firme existente
•Obras de albañilería necesarias para elevar as tapas de rexistro dos pozos, sumidoiros, etc. Existentes.
Das catro empresas presentadas a este procedemento resultou proposta como adxudicataria a empresa Desarrollos y Metas, S.L. por un prezo ofertado de 45.617,00€.
Reposición de firme e rexeneración de isletas existentes fronte á zona escolar da rúa Martín Ledesma – Viveiro, cun orzamento de contrata de 97.367,54€ e cun prazo de execución de 1 mes.
As actuacións que se pretende realizar no presente proxecto consiste en:
•Acondicionamento da superestructura de dito vial, ao obxecto de facilitar a circulación rodada dos vehículos.
•Acondicionamento das isletas existentes fronte ao edificio da Cruz Vermella, reemplazando o actual bordillo de formigón que as delimita e colocando un novo de granito; así mesmo acondicionarase a zona verde existente no interior das mesmas, dotándoas de rede de rego automático.
•Disporanse dous pasos de peóns elevados dende o paseo marítimo ata os colexios.
•Saneado de sumidoiros e canalización das augas pluviais existentes, substituíndo elementos deteriorados.
Das cinco empresas presentadas a este procedemento resultou proposta como adxudicataria a empresa Carferlo, S.L. por un prezo ofertado de 68.123,00€.
Estas dúas actuacións están subvencionadas integramente pola Deputación Provincial de Lugo, mediante un Convenio formalizado entre a Deputación de Lugo e o Concello de Viveiro para a execución dos referidos fins comúns.




















A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.



