Ribadeo, 7 de maio de 2018. O Partido Popular no Concello de Ribadeo avisa aos veciños que algúns están a recibir cartas certificadas para comunicarlles o recargo polos intereses de demora dos atrasos do Imposto de Bens Inmobles (IBI). O portavoz do PP, Jesús López Penabad, manifesta que parece que o goberno municipal pretende ocultar todo isto para recadar máis diñeiro dos veciños, aos que lles recomenda que pasen polo Concello a informarse.
López Penabad di: “desde o Partido Popular queremos avisar e poñer en coñecemento de todos os veciños de Ribadeo que a algúns estanlles chegando nas últimas semanas cartas certificadas referidas ao IBI, pero agora xa veñen con recargo, con intereses de demora. Polo tanto recomendámoslles aos levan tempo sen recibir información sobre o Catrasto que se pasen polo Concello para informarse, porque os intereses por este asunto están correndo e cada vez é máis”.
O voceiro do PP ribadense engade que “desde o equipo de goberno non sei se pretenden ocultar todo isto porque ao final acaban nas arcas municipais os cobros do IBI, pero como é algo inevitable e temos que pagar todos os ribadenses queremos que os veciños teñan o maior coñecemento e pagar o mínimo posible. Xa chega con pagar as subas que vai haber, porque teremos un incremento do 8 por centro este ano, sen ter que abonar ademais o de atrás con recargo”.
Polo tanto Jesús López Penabad quere “darlle a máxima difusión a este asunto para que os veciños pasen polo Concello para informarse de se teñen algún recibo do IBI pendente ou non”.


















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.



