Foz 29-05-2018.- A ponte vella da Espiñeira sobre o río Masma e o tramo de da antiga N-642, continúan sendo de obrigado paso para saír da estrada Vilaronte Espiñeira cara a calquera dirección, polo que un importante número condutores utilízana a diario.
Na actualidade, no devandito tramo, o asfalto esta moi deteriorado, habendo fochancas de considerables dimensións e as marcas viarias de sinalización horizontal, que delimitan tanto o borde da calzada como os carrís de circulación, son inexistentes ou están practicamente borradas.
O grupo socialista, atendendo á demanda dos usuarios e veciños, levará unha moción ao pleno deste xoves, onde espera acadar o acordo da corporación para instar ao Ministerio de Fomento o arranxo e aglomerado deste vía.
O PSOE tamén espera algo mais de seriedade, por parte de Fomento e dos diferentes cargos do PP dende a Ministra Ana Pastor ó senador Barreiro, pasando pola presidenta do PP Elena Candia ata o Alcalde de Foz, no mantemento da estrada N-642. A principios de ano anunciaban que se investirían 2’92 millóns de euros en arranxar o firme coa previsión de que na primavera comezasen os traballos, e a día de hoxe vemos que o único que hai é “outro anuncio” de acometer unha partida de emerxencia 800.000 euros, que consideramos escasa e tardía. Si cos anunciados 2’92 millóns rehabilitarían o firme de 20 quilómetros, os 800.000 euros non chegan nin para parchear a metade das fochancas que presenta a N-642, nin para darlle o firme que necesita a enormemente transitada e deteriorada estrada da costa.
No PSOE, preguntámonos que garantías temos, de que ese novo anuncio se execute, cando levan años anunciando o arranxo. É algo demandado en pleno en Foz en diferentes ocasións nos últimos dous años e caso omiso. O alcalde de Foz ten coñecemento da demanda e do cabreo dos veciños dende fai moito tempo, facíalle falta que viñese a Ministra Pastor e o senador Barreiro a ver as fochancas de estrada da costa para tomar conciencia do problema? Xa estamos fartos de tanto paripé que chega tarde e, é solo un intento de quedar ben, si queren quedar ben xa saben o que teñen que facer, acometer a reparación integral da N-642 e deixarse de anuncios.- rematan os socialistas.