Burela, 18 de maio de 2018. O alcalde, Alfredo Llano, xunto a outros rexedores da Mariña, Ferrolterra e Ortegal, veñen de enviar unha carta á Xunta na que solicitan manter unha entrevista co presidente, Alberto Núñez Feijoo, e coa conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, para falar da situación na que se atopa o tren que percorre o litoral norte. Llano lembra que toda esta zona abrangue a uns 200.000 habitantes aos que o tren debería prestarlles un bo servizo, cousa que non está a acontecer neste momento.
O rexedor burelés anunciou que “xa se enviou unha carta conxunta de todos os representantes e alcaldes das zonas de Ferrolterra, Ortegal e A Mariña para manter unha reunión co presidente da Xunta e con Ethel Vázquez como conselleira de Infraestruturas e Mobilidade”.
Alfredo Llano lembrou que “no último pleno da Mancomunidade decidimos ir a esa reunión todos os alcaldes afectados, e igual ocorre na zona de Ferrolterra e Ortegal. A poboación afectada polo paso de Feve por todo o Cantábrico ata Ribadeo é de 200.000 persoas, polo tanto o tren de proximidade e como servizo público ten que ser garantido, potenciado e defendido. Como vemos que ultimamente o tren non se están facendo as labores de mantemento precisas para que isto sexa unha garantía de servizo durante moito tempo, evidentemente é algo que nos preocupa”.
O alcalde de Burela declarou que “queremos defendelo para ter servizos que lles afectan a moitisima xente, tanto na xestión administrativa como na académica, na atención sanitaria, como alternativa para potenciar o turismo, e que se vexa que é unha zona con bo servizo público e polo tanto que afecta tamén ao asentamento da poboación”.
Llano engadiu que “está feita a petición e imos procurar ir todos os representantes de afectados das tres zonas, Ferrol, Ortegal e A Mariña. A ver se nos dan xa esa reunión o antes posible para que poidamos tomar decisións entre todos e empuxar no mesmo sentido, que non é outro máis que favorecer a toda a xente que vivimos neste tramo do norte do país”.






















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



