O pasado sábado 65 sendeIristas de Pasada dás Cabras de Burela desprazáronse a Poncebos (Asturias), para realizar unha das rutas mais bonitas e visitadas de todo o país: A ruta do Cares, de 12 kms, que une as localidades de Poncebos e Caín. Foi nunha xornada con choivas e claros. A pesar disto e das horas de autobús, todos os participantes quedaron inmensamente satisfeitos polas espectaculares paraxes percorridas.
A próxima saída será o 16 de xuño para participar na travesía da costa naviega.