Os 536 alumnos e alumnas e os 40 profesores do colexio Sagrado Corazón, de Ribadeo, xuntáronse esta mañá no patio do centro para ler libros en galego. Foi unha das actividades que levaron a cabo para celebrar o Día das Letras Galegas. Hoxe o alumnado e o profesorado do colexio, ademais de obras en galego, leron un manifesto e despois cantaron o himno galego. E nos días anteriores os rapaces estiveron traballando sobre a figura de María Victoria Moreno elaborando presentacións dixitais, xogos tipo Pasapalabra ou Trivial e incluso actividades en internet como Kahoot.
