Viveiro, 14 de xuño de 2018. A OMIX de Viveiro organiza unha xornada de orientación académica para estudantes que remataron 2º de Bacharelato, Formación Profesional.. e todas aquelas persoas interesadas en continuar estudos o vindeiro curso académico 2018/2019.
Trátase de ofrecer información acerca de requisitos de acceso, prazos de preinscrición e matrícula nas distintas ensinanzas, trámites para realizalo, residencias de estudantes, bolsas de estudos e resolver as dúbidas que formulen os mozos e mozas participantes.
A xornada desenvolverase o día 18 de xuño ás 16.00 horas no salón de actos do Concello de Viveiro.
Para anotarse é necesario enviar un mail a xuventudeviveiro@gmail.com