Foz 9-6-18. O xoves, día 7 de xuño, celebrouse, no colexio Martínez Otero de Foz, o acto de graduación do alumnado de 6º de infantil, que remata unha etapa que durou tres marabillosos anos. Ao emotivo acto acudiron todos os cursos do colexio (desde infantil ata a ESO), membros da comunidade educativa, pais e familares dos protagonistas. Todos eles puideron disfrutar de diferentes momentos que tardaremos en esquecer. O curso que vén iniciarán a súa andaina na educación Primaria.
O venres, día 8 de xuño, tivo lugar a despedida do alumnado de 4º de ESO, ao que acudiu o Bispo da Diócese de Mondoñedo-Ferrol Don Luis Ángel de las Heras. Esta celebración, que contou coa presenza de todo o alumnado do centro e unha nutrida representación das familias, iniciábase cunha intervención do profesorado que exerceu a labor titorial do grupo ao longo destes 13 anos de estadía no colexio. O acto continuou cun baile a cargo do alumnado homenaxeado para, deseguido, tomaren a palabra os rapaces e rapazas que foron facendo un repaso minucioso das súas vivencias e sentimentos no Martínez Otero. Acto seguido, procedeuse á entrega de orlas e ao intercambio de agasallos entre o alumnado e o profesorado. Para finalizar esta despedida, e xa só coa presenza do alumnado homenaxeado e os seus familiares, visionouse un vídeo retrospectivo coas imaxes dos seus trece anos de estadía no colexio. En último lugar, por volta das 13h30, ofrecéuselles, ao alumnado de 4º da ESO e aos seus familiares, uns petiscos que correron a cargo da Administración do centro.






















Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.



