Lugo, 1 de xuño de 2018.- O Secretario Xeral do PSOE na Provincia de Lugo, Álvaro Santos Ramos, destacou este venres tras a aprobación da moción de censura que desaloxou ao Partido Popular condenado por corrupción do Goberno Central, asumindo a Presidencia do Estado o socialista Pedro Sánchez que: “hoxe é un día de esperanza e de oportunidade para España”.
Santos Ramos, que felicitou e trasladou “todo o apoio” a Pedro Sánchez, destacou que “o que pasou neste tempo é terrible, pois quedou constatado que a corrupción gobernaba a principal institución no país. O PSOE sobou asumir con responsabilidade o papel que lle tocaba e dignificou o Congreso dos Deputados e o debate político, conseguindo que todos os grupos políticos expuxen en público o acontecido nos últimos tempos”.
“É moi importante desaloxar ao Partido Popular do Goberno Central, non pola súa ideoloxía, que por suposto non compartimos, senón pola súa maneira de actuar. É unha cuestión de hixiene política e institucional que nos dá credibilidade como país, pois non pode estar no Executivo do Estado, nin en ningún, un partido que está instalado nunha corrupción sistemática”.
“Estamos nun momento de máxima responsabilidade e de oportunidade para devolver a dignidade á política. Agora temos que estabilizar a institución e, o máis importante, erradicar calquera dúbida de corrupción. O Partido Socialista ten unha responsabilidade moi grande, eliminar esas prácticas da política. E vai facelo nunha coxuntura moi difícil, pois ninguén é alleo á aritmética e ao clima parlamentario. Pero o paso máis importante está dado. Agora necesítase unha rexeneración a todos os niveis institucionais e moita pedagoxía”.
“Politicamente necesitamos cambios lexislativos como por exemplo a reforma laboral, que non xerou máis emprego nin mellor senón que o precarizou, ou a Lei Mordaza. A nivel orzamentario penso que non ten unha transcendencia capital porque o noso Secretario Xeral e Presidente do Goberno avanzou que se mantería o PXE para 2018. Cuestión que é lóxica porque estamos no mes de xuño e a súa retirada suporía comezar de novo a súa tramitación, feito que suporía non telo aprobado ata outubro ou novembro, non tendo tempo a executar nada. Nós tentaremos que se incorporen investimentos para a nosa provincia, pois o PP deixou fóra moitos proxectos”.
“O que está claro é que hoxe co Partido Socialista no Goberno Central comeza un cambio político que vai a beneficiar a todo o Estado, á nosa provincia, pois é absolutamente imposible que nos fose peor e estar máis prexudicados que co Partido Popular”, concluíu.
Saúdos,




















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



