Lugo, 1 de xuño de 2018. O voceiro do Goberno da Deputación, Álvaro Santos Ramos, informou este venres sobre a xestión levada a cabo polo Executivo Provincial esta semana, que supuxo a posta en marcha, no conxunto do territorio lugués e para os máis de 300.000 lucenses, de investimentos de 28 millóns de euros: máis 2,7 millóns hoxe mesmo na Xunta de Goberno e 25,2 coas propostas que levou ao Pleno do martes. En contraposición, “a xestión do Partido Popular esta semana foi aprobar máis de 100.000 euros a costa de todos os lucenses en salarios para os seus intereses partidistas en SUPLUSA. E isto é o único que parece saber Feijóo sobre o sucedido esta semana na nosa provincia o que significa: que tamén esta no allo”.
“Pero nin Feijóo nin ninguén do PP quere falar en público sobre a nosa masa salarial que crearon con cartos públicos de todos os veciños desta provincia mentres aplauden a súa xestión, instalada na constante mentira para tentar seguir enganando a todos os cidadáns sobre a realidade que vivimos”, engadiu Santos.
Neste senso, destacou que “Feijóo é capaz ata de contradicir os propios datos oficiais do REGALIAM, que facilitou a Consellería de Sanidade ao Parlamento de Galicia, e que claramente din que en Lugo morremos máis por infarto porque non temos Hemodinámica 24 horas pola decisión política do Partido Popular”.
Son datos oficiais de xuño de 2015 a setembro de 2017. Estes desvelan que a taxa global de mortalidade por infarto en Lugo foi de 4,6 e do 3,6 no caso de recibir unha intervención coronaria percutánea, sendo as máis altas de todas as provincias galegas. O tempo de espera de atención dos lucenses tamén foi o máis alto de Galicia con 155 minutos. O 75% dos veciños foron tratados na Coruña.
Novos investimentos que se poñen en marcha
Os novos investimentos de 2,7 millóns que se poñen en marcha na provincia tras a Xunta de Goberno deste venres son os seguintes: preto de 2,5 millóns en obras de mellora de estradas provinciais nos Concellos de Ribeira de Piquín, Guntín, Pedrafita do Cebreiro, A Fonsagrada, Castroverde, A Pontenova e Lourenzá; 41.000 euros nos traballos de roza de vías provinciais no Vicedo, Viveiro, Xove e Ourol; 130.000 euros para a posta en marcha da piscina da Pastoriza; 75.000 euros en axudas de concorrencia competitiva para deportistas individuais cuxo prazo de solicitude se abrirá nas vindeiras semanas.
Isto engádese aos 21 millóns para obras, servizo a domicilio a non dependentes ou actividades turísticas, culturais ou turísticas, entre outras actuacións, para os veciños dos 67 Concellos a través do Plan Único; e aos 4,2 millóns para máis actuacións nos municipios, a dotación dun carril bici no Paseo do Río Rato, as primeiras obras da residencia de Guitiriz na Casa da Botica, axudas para que profesionais do sector agrogandeiro recuperen terras baldías e as poñan en produción, a canceira na zona Sur da provincia, axudas para os clubs da provincia que ascenderon á máxima categoría e plans de sinalización intelixente, marquesiñas e desfibriladores nos Concellos.




















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



